agosto de 2011
 
 

01/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Entende o "capitalismo democrático" sen saír da túa sucursal

Hoxe hai algo máis dunha semana do primeiro desafiuzamento que non se conseguiu parar en Madrid dende que o 15-M facilitou a cohesión e comunicación da Plataforma de Afectados pola Hipoteca. Ese desafiuzamento deixou para a historia da dignidade unha frase de María José, a nai de dous fillos á que botaron da súa casa: Non son morosa, son pobre.

 

  • Noticias relacionadas

Catrocentas persoas acudiran á súa casa para garantir, como noutras ocasións, o cumprimento do artigo 47 da Constitución española e o artigo 25 da Declaración Universal de Dereitos Humanos que nos din que todo ser humano ten dereito a un lugar digno e axeitado onde vivir. A xuíza decidira priorizar: entre a Constitución e a Declaración Universal de Dereitos Humanos e o dereito dun banco a cobrar puntualmente, a cousa estaba clara: ditou un auto para que se puxesen en marcha "todos os medios necesarios" e que ninguén impedise arrancar a súa casa a María José e os seus fillos. A Delegación do Goberno levou á casa 12 furgóns policiais (leiteiras, para entendernos) e así o Estado entregou o piso ao poder financeiro fronte á cidadanía organizada para garantir o exercicio dun dereito fundamental. Como en cada desafiuzamento, habería un camión de mudanzas pagado polo xulgado (o Estado) para baleirar o piso e entregarllo impoluto á caixa embargante.

As catrocentas persoas que alí había fóronse á sucursal da caixa auxiliada polo Estado. Empapelárona e mostraron o seu enfado coa contención habitual: o adxectivo violento queda en monopolio para os cómplices do desafiuzamento; lexítimo, en cambio, para a cidadanía solidaria. A caixa era, si, a Caixa de Aforros do Mediterráneo.

Un par de días despois o Goberno constatou que tal Caixa, a CAM, necesitaba unha ayudita maior, que a cousa non se arranxaba con entregarlle o piso de María José. A CAM entregárase á política económica ladrilleira que arruinou a economía e o medioambiente en todo o país coa complicidade do poder político valenciano, uña e carne. Cada proxecto megalómano encontraba os euros da caixa e deles uns cantos distraíanse en bonus e subíanse o soldo mentres duplicaban o crédito ao goberno do molt imputable Camps, a quen Rajoy garda un oco no seu próximo goberno porque ten moito futuro.

Dous días despois de desaloxar a María José usando a forza fronte á cidadanía e darlle á CAM as chaves do seu piso, o Estado interveu a entidade financeira polos desmandos levados a cabo man a man co goberno local. Para rescatar a María José el Estado só puxo furgóns policiais; para rescatar a CAM subiu a 5.800 millóns de euros. Sanearase con diñeiro público e despois entregarase cun lacito aos que queiran ser bankeros ou mellor aínda aos que xa o son sen necesidade de recorrer á ortografía Del patio Maravillas.

Como os cursos que garanten a aprendizaxe de inglés en mil palabras, esta semana puidemos aprendernos o funcionamento do capitalismo, o seu uso do Estado e a unidade indisoluble do poder financeiro e o político sen necesidade de lernos El Capital. Simplemente quedando na sucursal da CAM que o mércores empapelaron catrocentos cidadáns solidarios e á que o luns foron as cadeas de raio para constatar que os clientes estaban moi tranquilos tras a intervención da caixa e mesmo facendo algún chistecillo. A diferenza de María José, a CAM non é pobre.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript