agosto de 2011
 
 

01/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Europa obriga ao estado español a frear unha deportación

Unha muller colombiana, ameazada de morte por paramilitares que xa asasinaran a parte da súa familia, consegue o apoio do Tribunal de Dereitos Humanos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Que un grupo paramilitar colombiano asasine diferentes membros da familia dunha muller colombiana e a ameace de morte se volve ao seu país non é "motivo abondo" para a Oficina de Asilo e Refuxio (OAR) nin para a Audiencia Nacional para concederlle o asilo. Ambas as dúas institucións ordenaron hai dúas semanas a deportación a Colombia dunha muller que alegou e documentou a persecución con recortes de xornais e gravacións de televisión. Non obstante, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos interveu e mandou paralizar a súa expulsión ao considerar que podería "contravir a Declaración Universal de Dereitos Humanos". Concretamente, tres artigos: o dereito á vida, á seguridade física e á liberdade.
 
Esta muller colombiana chegou ao aeroporto de Madrid-Barallas o pasado 15 de xullo acompañada da súa cuñada e dous sobriños. Todos solicitaron asilo nas dependencias aeroportuarias. Tras pasar tres días na sala de inadmitidos, a petición foi denegada pola Oficina de Asilo, dependente do Ministerio do Interior. A Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (Cear) recorreu a sentenza e acompañou o recurso dun informe do Alto Comisionado das Nacións Unidas (Acnur) favorable ao asilo.
 
A peticionaria de asilo, colombiana, foi ameazada polos paramilitares

Non obstante, a petición volveu ser denegada e Interior tramitou unha orde de expulsión para o venres 22. A Audiencia Nacional tampouco apoiou as peticións de Cear e de Acnur e denegou a suspensión preventiva de urxencia.
 
Ataque de ansiedade
 
A muller salvouse da expulsión porque sufriu un ataque de ansiedade no aeroporto
. A súa cuñada e sobriños si que foron deportados. Seis días máis tarde, o xoves pasado, chegou a decisión do Tribunal Europeo que obriga a Administración a pospoñer a deportación ata que se resolva o recurso imposto por Cear. "España esquece que a política de asilo debe ser de protección", denunciou Arsenio García, avogado da muller.
 
Esta instancia europea xa ditou a favor dun grupo de saharauís
 
Non é a primeira vez que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos resolve contra estado español. O pasado abril o devandito tribunal impediu a deportación de 11 de 16 saharauís (cinco foron expulsados sen avisar os seus avogados) que chegaran ás Illas Canarias en pateira reclamando asilo.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript