26/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Somalia, un país morto de fame
Unicef incrementou ata 780.000 o número de nenos en territorio de Somalia que corren o risco de morrer de fame se non reciben axuda de xeito urxente.
.
Unicef incrementou ata 780.000 o número de
nenos en territorio de Somalia que corren o risco
de morrer de fame se non reciben axuda de xeito
urxente. «Estamos a falar só de Somalia»,
manifestou en rolda de prensa a portavoz de Unicef
en Xenebra, Marixie Mercado, quen engadiu que o
número total de nenos en situación de «malnutrición
severa» en Somalia, Kenia e Etiopía sitúase nestes
momentos en 2,3 millóns.
O dato supera ao dado o martes polo Alto
Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados
(ACNUR), que cifrou en 500.000 os nenos que
afrontan «un inminente risco de morte» en Somalia.
A ONU declarou o mércores a situación de fame negra
en dúas rexións do sur de Somalia, Bakool e Baixo
Shabele, unha circunstancia que non se daba neste
país desde 1992.
Nacións Unidas insistiu nas últimas horas en que
estamos ante a «peor crise alimentaria» dos últimos
anos e redobrou os seus esforzos para que a
comunidade internacional achegue os recursos
financeiros necesarios para facerlle fronte. A
organización internacional solicitou aos seus
membros 1.900 millóns de dólares para axudar a
Etiopía, Kenia e Somalia, pero desa cantidade só
financiouse ata a data menos da metade.
«Temos un buraco de 1.000 millóns de dólares», dixo
o xoves a subsecretaria xeral para Asuntos
Humanitarios da ONU (OCHA), Valerie Amos, que
advertiu de que a crise vai para longo.
Neste contexto, Unicef anunciou hoxe que ten
previsto pór en marcha un plan especial para
incrementar de xeito masivo as súas operacións
humanitarias no corno de África. «Estamos a
preparar a nosa capacidade loxística para entregar
subministracións sen precedentes de alimentos
suplementarios por toda a rexión», declarou
Shanelle Hall, directora de subministracións de
Unicef.
«Se queremos salvar vidas, temos que actuar agora.
Temos que facer chegar cantidades enormes de
medicamentos, vacúas e subministracións
nutricionais na rexión o máis rapidamente que
poidamos e facilitalos aos nenos que máis o
necesitan», dixo Hall.
Desde comezos do mes de xullo, Unicef conseguiu
facer chegar á zona 1.300 toneladas métricas de
subministracións a algunhas das zonas do sur de
Somalia máis afectadas pola seca e o conflito
armado causantes desta catástrofe humana.
Pero o esforzo é claramente insuficiente, porque o
prognóstico é que só 240.000 menores veranse
beneficiados por esta axuda de Unicef, que estima
que necesitará 100 millóns de dólares ata final de
ano para poder levar a cabo con éxito a operación.
Mentres tanto, continúa o goteo de refuxiados
somalís que foxen da fame no seu país cara ás
veciñas Kenia e Etiopía.
ACNUR indicou hoxe que en Dadaab, campamento de
refuxiados en territorio de Kenia que xa alberga a
máis de 380.000 persoas, «seguimos recibindo a
diario uns 1.500 novos refuxiados».
«En total, Kenia recibiu máis de 100.000 somalís no
que vai de ano. En Etiopía, a rexión fronteiriza de
Dollo Ado ve chegar a diario por centos de persoas,
con máis de 74.000 chegadas desde xaneiro»,
explicou a portavoz de ACNUR, Melissa Fleming.
O principal desafío de ACNUR é axudar á xente que
chega en condicións de saúde moi precarias, logo de
camiñadas de ata dous meses para alcanzar os campos
de refuxiados.
«Só o martes rexistráronse 15 mortes a consecuencia
da malnutrición e de doenzas relacionadas no
campamento de Kobe, na rexión de Dollo Ado», dixo
Fleming.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript