Modelos que xorden na época de Margareth
Thacher no Reino Unido e que levaron a sanidade
nese Estado a unha situación que o actual
mandatario o Sr. Cameron, do mesmo partido
conservador, quere reverter por mor do seu
estrepitoso fracaso.
Agora o Sr. Feijoo e algúns economistas centran a
súa cruzada no establecemento do repago sanitario
por que o sistema , segundo o Sr Feijoo é
insostible e favorecer así ás aseguradoras
privadas.
Sabe moi ben o Presidente da Xunta de Galicia e a
Conselleira de Sanidade que a Sanidade Pública xa
se paga a través dos impostos que cada un de nós
aporta á Facenda Pública. Tamén sabe que hai copago
nas receitas de farmacia onde se paga o 40 % do seu
valor de referencia, ben é certo que os
pensionistas, neste concepto, non pagan nada, con
independencia da contía da súa pensión, e este tema
si que pode ser obxecto dun debate sereno.
Pero ademais o Sr. Feijoo da por feito que o
sistema insostible e ademais fai culpables ós
usuarios polo mal uso, que segundo el, fan do
sistema sanitario publico de que sexa insostible.
Non di nada de que a culpa sexa por como o seu
Goberno xestiona a Sanidade Pública, de como ceden
ás esixencias e presións continuas da industria
farmacéutica, dos escandalosos beneficios que
obteñen as Mutuas de Accidentes de Traballo, que
cada vez teñen máis poder na xestión das baixas, ,
a conta de cargar o custo á Sanidade Pública de
enfermidades profesionais, que presentan como
enfermidades comúns. No ano 2010 tiveron uns
beneficios de 5.000 millóns de euros. E sobre todo
o que non di é o escaso orzamento que se dedica á
Sanidade Pública, no Estado Español é onde menos
diñeiro se dedica dos países da UE e Galicia
estamos nos furgóns de cola.
Cumpre sinalar que nos orzamentos da Xunta de
Galicia do ano 2011 os orzamentos da Consellería de
Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, por vez
primeira desde que a sanidade está transferida,
diminuíron considerablemente.
Sr Feijoo a súa mala xestión e os escasos recursos
que a Xunta de Galicia lle dedica á Sanidade
Pública é a que pode facer insostible un sistema
que é perfectamente sostible, para quen cree nela
que non é o seu caso, unha Sanidade Pública que é
un dos máximos xeradores de emprego en Galicia.
Noutra ocasión falarei do compromiso, ou mellor
dito da falla de compromiso que ten Vostede e a
Conselleira de Sanidade, Dona Pilar Farjas, coa
Área Sanitaria de Ferrol.
Ferrol a 15 de xullo de 2011.
Asdo./ Xosé Miguel López Pérez, portavoz da
Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de
Ferrol.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
denuncia un recorte do 50% en equipos de centros de
atención primaria de Ferrolterra
Uns 200 médicos forman un frente para avalar que a
sanidade pública é viable sen máis
recortes