xullo de 2011
 
 

26/07/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Aprobado o pensionazo

Diñeiro para a banca, fragullas para os e as pensionistas... A nova lei de pensións fará que nos xubilemos como pouco aos 67 anos.
 
Se coa regulación actual estímase que máis do 70% das pensións que recibimos están por debaixo do nivel de pobreza. E do total, en torno ao 20% están por debaixo da pobreza severa. Qué sucederá coa nova regulamentación?
.

 

 

Os traballadores, coa aprobación de alongar a vida laboral ata os 67 anos, perdemos aproximadamente un 10% e subindo de 15 a 25 anos para o cálculo da pensión pérdese outro 10% a razón de 1% cada ano, é dicir con este "grande acordo", os traballadores perderemos ao redor dun 20% respecto da situación actual. O obxectivo é que a maioría dos traballadores cobren unha pensión pública mínima de subsistencia, xa que do mercado de traballo se entra e se sae continuamente polas facilidades que se lles concederon aos empresarios para despedir. Pero aínda hai máis, o chamado factor de sostibilidade significa que a partir de 2027 cada 5 anos se revisará a actual reforma, para no caso de que non lles saian as contas volver incrementar anos e reducir as prestacións. E todo a cambio de nada.
 
Xa agora o 23,4% das persoas no estado están en risco de exclusión social. Pero, é que o 33% das persoas xubiladas xa están ao bordo da pobreza.
 
Se coa regulación actual estímase que máis do 70% das pensións que recibimos están por debaixo do nivel de pobreza. E do total, en torno ao 20% están por debaixo da pobreza severa. Qué sucederá coa nova regulamentación?
 
No ano 2009 no noso país presupostáronse 63.000 millóns de euros para Sanidade Pública/Cada ano Facenda deixa de ingresar 70.000 millóns de euros en concepto de fraude fiscal, diñeiro máis que suficiente para financiar OUTRO Sistema Sanitario.
 
Tan só a supresión do Imposto de Patrimonio naqueles contribuíntes que declaran un patrimonio superior a 1,5 millóns de euros supoñería un ingreso de 1.200 millóns de euros, comparable ao gasto sanitario anual en Estremadura.
 
A rebaixa e/ou eliminación a partir de 2010 do imposto de sucesións e doazóns en cada Comunidade Autónoma supoñen uns 3.000 millóns de euros, montante equivalente ao Sistema Sanitario de Canarias nun ano.
 
Fronte ao, no seu momento asinado e agora aprobado, entendemos que a única receita que fará posible a sostibilidade deste sistema de pensións pasa pola creación de emprego de calidade, con mellores salarios que permitan mellores cotizacións e cunha política fiscal que obrigue a pagar máis aos que máis teñen, que son os responsables sinalados da crise.
 
 
 
Vídeo explicativo sobre a reforma das pensións para difusión

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript