xullo de 2011
 
 

26/07/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O novo presidente da patronal tamén mexa fóra do testo

As persoas apúntanse ao paro porque si, non porque estean desempregadas, nin tampouco porque necesiten o salario para vivir

Meteuse cos funcionarios, prepotentes e incumpridores. Pode que os haxa, pero parece que non coñece ningún empresario que estafa á S.S, lle rouba aos seus empregados, etc., etc
.

 

  • Noticias relacionadas

Mentres que dentro do empresariado se rouba a traballadores/as evaden impostos e levan os cartos a paraísos fiscais o presidente, o Alí Baba desta cova de ladróns atrévese a dicir que as persoas apúntanse ao paro porque si, non porque estean desempregadas, nin tampouco porque necesiten o salario para vivir.
 
O xefe de patróns tamén deu o seu receitario para arranxar a economía, a súa sobre todo, (nunca teñen bastante).
 
Meteuse cos funcionarios, prepotentes e incumpridores. Pode que os haxa, pero parece que non coñece ningún empresario que estafa á S.S, lle rouba aos seus empregados, etc., etc.
 
Pacto político pola economía, anticipo de eleccións, reforma lexislativa, formación e estudos, aumento de impostos...
 
A ver quen contraataca, atacando contra a economía mergullada, a evasión fiscal, o incumprimento de convenios... e todo o que este honorable gremio fai a diario polo benestar da economía deste estado e dos seus habitantes...

Coa metade dos medios e empeño que se destinaron ao control da velocidade poderiamos atallar gran parte destes problemas, e sobre todo poñer cada un no seu sitio, que xa está ben.
 
Se non espertamos, aínda que a forza de golpes sexa, vaia por vir nos espera e sobre todo espéralles os nosos fillos e fillas. Non estamos a ser capaces de deixar tan sequera o mesmo que nos deixaron, e non soubemos defender.

Kaosnarede

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript