26/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Todos/as contra as novas medidas anti-inmigrantes do goberno español!
Fórum Galego de Imigraçom - A Asociación Puente-Cultural Rumano-Gallego e O Foro Galego de Inmigración (formado por máis de 80 asociacións e entidades de toda Galiza) fai público o seguinte Comunicado en relación coa Medida que esixirá autorización as persoas rumanas residentes no estado español para traballar.
.
1.- A Medida de implantarse de novo (xa
tiveron unha moratoria entre 2007 e 2009) sería
claramente discriminatoria, xa que se aplicaría de
forma exclusiva aos cidadáns de Romenia entre tod@s
as persoas residentes no Estado español procedentes
de países da Unión Europea.
2.- A Medida inscríbise nun marco de limitación
forte dos dereitos das persoas migrantes que
estamos a denunciar dende o Foro dende hai varios
anos, basándose nunha situación de crise económica
que fomenta os discursos xenófobos e as medidas
racista como ésta de hoxe. Sería unha medida máis
nesa liña que se xustifica por outra banda só no
número de persoas desa nacionalidade residentes en
España (sobre 800.000, algo máis de 8.000 en
Galiza).. Non hai moito tempo falábamos da terrible
discriminación que supoñía para a Europa da
Democracia, a expulsión de Francia de persoas de
etnia xitana da UE, só por ser xitan@s; agora
asístimos atónitos tamén, realizada neste caso por
parte do goberno español, á limitación ao dereito
ao traballo para persoas de nacionalidade rumana,
só polo feito ser ruman@s.
3.- Ademáis esta Medida resultará de difícil
artellamento práctico xa que non pode afectar,
alomenos así parece, as persoas xa residentes e
traballadoras en España neste momento e con
bastantes anos de residencia aquí. Por outra banda,
como éstas persoas van ter dereito a residir e non
a traballar parece que a propia Administración
pretende estimular procesos de exclusión social ao
impedir as persoas obter medios de vida propios: a
obtención dunha autorización de traballo esíxe un
proceso burocrático que pode durar varios meses e
que vai imposibilitar na práctica as opcións
laborais dest@s cidadáns da Unión Europea.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript