26/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Resumo do Consello de Goberno do 22/07/2011
Unha vez máis un Consello de Goberno destinado a resolver, esencialmente, situacións propias do PDI. No que, como case sempre, o maior interese está na ”quenda aberta de intervencións” onde, de novo, aspectos tales como a RPT, o concurso de auxiliares de servizo en marcha, e unha oficina de nova creación en Bruxelas foron os eixes da nosa intervención.
Despois da información do Reitor tomaron a palabra os vicerreitores e a xerente que informou de:
- O día 15 incorporáronse os auxiliares de servizo.
- O día 15 difundiuse a resolución sobre listas de espera de PAS funcionario
- O día 18 ábrese o prazo de presentación da documentación de auxiliares administrativos que se incorporarán no mes de setembro.
- Tamén se produce a incorporación de catro conserxes
Seguindo os puntos da orde do
día aprobáronse:
- A acta da sesión anterior cunha reclamación dos alumnos de IESGA.
- Prazas de PDI contratado
- Os cambios de dedicación solicitados polo PDI
- As licenzas solicitadas polo PDI
- Aprobáronse as solicitudes de profesores honorarios.
- Creáronse as cátedras respectivas para que o PDI que se foi acreditando, e cumpría os requisitos (rexeitouse unha por non cumprilos), se promocionase.
- Apróbanse os tribunais para as prazas anteriores.
- Seguimos cos títulos propios de posgrao
- Apróbanse as directrices e regulamento relativos ao traballo fin de grao
- Fusiónanse os departamentos de Construcións Navais e Enxeñería Naval e Oceánica
- Ao haber só unha candidatura para a Comisión de Reclamacións de prazas de PDI interino e laboral contratado, faise a súa proclamación.
- E Chegamos á quenda aberta de intervencións:
IESGA le un documento
no que, esencialmente protesta pola non inclusión
dentro da orde do día da actual sesión do acordado
e reflectido na sesión anterior.
“15. Votación para a elección de representantes
dos estudantes do Consello de Goberno no Consello
Social
Neste punto, o secretario dá
conta da retirada de todas as candidaturas
presentadas no Consello de Goberno do 31 de maio de
2011, tanto ao Consello Social como ao Consello de
Estudantes universitario do Estado, polo que decaen
os puntos de votación. Acórdase abrir un novo
procedemento de elección para o vindeiro consello
de Goberno.”
Tachan de grave o incumprimento.
Anxo Calvo (Decano da Fac. de Economía)
indica que a conserxería do seu centro ten, na RPT
en vigor, 3 auxiliares de servizo en quenda de mañá
e 4 en quenda de tarde. Que neste intre quérese
deixar sen cubrir o 4º posto na quenda de tarde.
Solicita a cobertura do dito posto por figurar na
RPT actual, descoñece as razóns polas que non vai
contemplar.
A Xerencia indica que o centro excede en
dotación o número máximo de auxiliares de servizo
en centros (fai unha referencia, tamén, ao INEF).
Anxo Calvo indica que o centro derivou unha
parte da docencia á xornada de tarde, polo que a
actividade durante esa quenda é moi grande. É o
centro con máis alumnos. Solicita a
reconsideración, insiste en que a praza está
contemplada na RPT e a que virá poderá contemplala
praza ou non.
Xerencia volve a indicar o exceso en
comparación con outros centros e manifesta a
posibilidade de que, si hai moita actividade en
quenda de tarde se poida organizar o servizo
pasando algunha praza da quenda de mañá á de tarde.
Xosé Portela reafirma o dito polo decano,
indicando que mentres que a praza apareza na RPT
debe ser, a todos os efectos, tratada como tal.
Engade ao que indica o decano do centro que no
concurso de traslados provisional en marcha a praza
aparecía até o día de hoxe. Na modificación feita e
publicada hoxe a praza desaparece.
Xerencia di que o sr. Portela sabe porque o
falou con el, aínda que non comparta a modificación
na RPT, que esa praza non sairía a concurso porque
se ía trasladar de centro na vindeira RPT e que
consideraba (ela) improcedente o feito de outorgar
unha praza nesas condicións o que prexudicaría á
persoa que puidese optar a ela. Di que a
circunstancia de que aparecese na primeira
convocatoria débese a un erro (difícil de entender
que nas conversas mantidas co Comité e co seu
presidente para a ampliación da convocatoria non se
decatasen dese erro).
Xosé Portela. Polo que aparece na prensa
aprobouse o plan de sustentabilidade (decálogo) que
tanto a Consellería de Educación como o Partido
Popular encárganse en expresar estes días, tamén na
prensa, que é voluntario.
Canto máis se vai retrasar a RPT e canto supón para
a UDC a sinatura dese plan?.
As convocatorias saen con excesivas correcións, a falta de axilidade e coherencia nalgunhas delas fai que a imaxe da institución sufra e a inseguridade se instale nos opositores/as.
Vicerreitor Angel
Fernández. A
UDC non ten constancia oficial do plan de
sustentabilidade, non se pode facer caso a todo o
que aparece na prensa (este asunto tratámolo noutro
artigo). Para a UDC presupón 4.700.000€ aos que non
vai renunciar.
Xerencia. Da RPT xa foron explicitados os
seus contidos xerais
Xosé Portela, segundo o exposto no informe
do reitor, e na prensa destes días, as tres
universidades galegas asinaron co Consello Superior
de Investigaciones Científicas un convenio para a
cesión dun espazo para manter unha oficina de
investigación en Bruxelas. Si se asinou este acordo
xa debe estar desenvolvido o proxecto tanto no que
se refire a funcións como de necesidades de
persoal. Qué persoal se lle vai asinar?. En qué
condicións?. Vaise posibilitar que traballadores/as
actualmente en plantilla poida exercer nesa
oficina?.
Sentíndoo moito tiven que saír cando o Sr.
Reitor respondeu a esta pregunta, negándose,
como é habitual nel, de malos modos a repetir a
resposta.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript