xullo de 2011
 
 

18/07/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Elección de novo reitor. O PAS na campaña electoral

Parece que estas eleccións non están tan claras como as anteriores. O voto do PAS pode ser decisivo nas votacións a reitor. Os candidatos posiciónanse ao respecto da problemática do noso colectivo.

 Hoxe traemos ao PASquín o último artigo colgado no blog de Iniciativa de Renovación Universitaria (candidatura de Manuel Recuero). Irémosvos aproximando as noticias que os candidatos vaian publicando sobre o colectivo de PAS. (Despois do sucedido con este equipo, vaia por diante o noso excepticismo).

 

  • Noticias relacionadas

 

Hai case dous anos, o 1 de setembro de 2009 publicábase no n.º 192 do Boletín Oficial da Coruña o convenio colectivo polo que habería de rexerse o persoal laboral da UDC. Nas súas disposicións transitorias prevíase que tras aprobarse unha nova RPT durante o mesmo ano 2009, a anterior era do 2005, negociaríase un calendario "para a promoción de todos os grupos de traballo do grupo IV B ao grupo IV A", tamén se refería ás sucesivas promocións dos grupos laborais afectados (do grupo IV A ao grupo III) ".
 
Nin que dicir ten que nada disto se cumpriu, nin se aprobou unha nova RPT, nin se atendeu ás demandas de promoción do persoal laboral, nin se investiu o diñeiro presupostado para este labor.
 
Trátase sen dúbida dun grave prexuízo para os que están a realizar un labor importante na nosa universidade. Entre outras cousas porque as posibilidades de promoción, a través das probas que foran necesarias, levarían consigo a posibilidade dunha mellora salarial.
 
Ninguén pide nada que non merecese, pero todos temos dereito a ver recompensado e incentivado o noso traballo. Doutra forma estase a cultivar a desmotivación e a inxustiza, co conseguinte prexuízo para toda a comunidade universitaria.
 
É este un exemplo máis da falta de seriedade e de compromiso con que actua o goberno e a xerencia da Universidade da Coruña, pois hai colectivos que se se beneficiaron destas promocións.
 
Tampouco cabe dúbida, de que o peor segue sendo a falta de capacidade dos responsables da nosa universidade para adaptar e revisar a RPT á realidade do momento, despois de tantos anos de desorde e desgoberno. A maior parte dos sectores afectados pola RPT de 2005, non viron executados os concursos previstos; o que tamén explica a incapacidade dos nosos xestores para aprobar unha nova.
 
En calquera caso, os compromisos puntuais hai que cumprilos, sen que neste caso pareza haber ningunha razón, nin sequera presupostaría, para non o facer.
 
Artigo orixinal en castelán traducido ao galego.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript