18/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O modelo sindical desestruturado
Estes días publícase na prensa unha chea de noticias sobre algo que, esta universidade (a UDC) xa decidira no mes de decembro ao aprobar o orzamento para o ano 2011.
Como xa vos informamos o persoal da
Consellería de Educación xa non terá a matrícula
gratuíta, nin para os docentes directamente nin
para os seus fillos e fillas.
Ese orzamento tivo o voto favorable de todos os
presentes menos do representante da CUT. Non
habería na sesión ninguén de outros sindicatos?,
debeu ser que non porque hoxe, os traballadores dos
sindicatos maioritarios que forman parte dese
sector afectado (lease os que dependen da
Consellería de Educación) claman ao ceo e incluso
algún chega a postular medidas de presión se esa
situación, agora que é a época de matrícula, se fai
efectiva.
Por moito que agora se diga que é a Consellería
quen debe facer fronte a esa partida orzamentaria,
iso tíñase que reclamar, negociar no momento de
aprobárense os orzamentos das universidades onde se
contemplaba esa redución, non agardar aos feitos
consumados.
Esta situación pon de manifesto, unha vez máis, a
descoordinación existente dentro dos sindicatos
tradicionais e unha verdade que clama ao ceo “cada
un chora por onde lle doe”.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript