18/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Mercado Común Europeo, ruína do Pobo Galego
Aos que fomos críticos coa entrada no Mercado Común polas repercusións negativas do ingreso en la CEE en sectores claves da economía galega que supuxo o desmantelamento industrial, naval, pesqueira e pola paulatina desaparición do tecido agro alimentario do país, polo incremento xeneralizado de prezos que supuxo a asunción da moeda única…
Sempre se nos tapou a boca dicindo que a
entrada neste mercado supoñía a asunción dunha
moeda forte que aseguraba a estabilidade económica,
que se aseguraba a competitividade da economía e
que as vantaxes compensaban grandemente os
sacrificios que, se recoñecía, íamos ter que facer.
Intentouse resucitar Navantia, (A produción
civil non pode superar o 20% da facturación total
da compañía e
está restrinxida, segundo os acordos, ao
asteleiro de Puerto Real) non se puido porque o
impide o acordo con Europa.
O
Leite xa se ve como está o asunto,primeiro cas
cotas e logo coa introdución xeneralizada de leite
estranxeiro…, coa integración Galiza incrementou a
súa dependencia económica.
Hoxe os mitos desmorónanse, a estabilidade
económica está claro que non existe nin ía
implícita na integración, a moeda única, segundo
moitos especialistas, resta posibilidade á saída da
crise (non
se pode devaluar a moeda), e o outro mito, o da
competitividade encargouse o Sr. Almúnia de tiralo
abaixo (España
perdió competitividad desde la entrada en la UE).
Galiza vive, neste momento, un retroceso
xeneralizado e profundo en todos os sectores
produtivos básicos, sectores que son moito máis
difíciles de recuperar porque están suxeitos a
intereses foráneos. Galiza sufriu nas súas carnes o
ser moeda de cambio para outros intereses.
A entrada no Mercado Común Europeo non librou á
nosa nación doutro mal endémico, a emigración.
Hoxe, os nosos homes e mulleres seguen a ser, do
estado español, os que máis emigran, o que
evidencia a situación económica do noso país.
Aos escépticos e aos que estamos en contra do
“mercadeo” quédanos repetir aquilo que berramos
moito e moitas veces: “Mercado Común Europeo, ruína
do Pobo Galego”, "postos de traballo na nosa
terra"...
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript