18/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O Estatuto do PDI non convence a ninguén
O documento recentemente aprobado entre o Ministerio e o Consello de Universidades rompe o acordo previamente subscrito e vulnera radicalmente o texto aprobado na Mesa Sectorial de Universidades o pasado 7 de xaneiro de 2011.
É inadmisible que, tras o acordo entre os Reitores e o Ministerio que dirixe A. Gabilondo, os propios equipos reitorais poidan decidir se a súa tarefa principal debe centrarse en investigar ou en impartir docencia.
O borrador do Estatuto rexeitouse pola
práctica totalidade da comunidade educativa pois
supón unha perda de dereitos do profesorado e un
ataque frontal ás universidades públicas con
políticas de axuste.
O documento do Estatuto do Persoal Docente e
Investigador (PDI) aprobado tras a reunión do
Ministerio coa Conferencia de Reitores das
Universidades Españolas (CRUE) no Consello de
Universidades prégase ás imposicións de poderosos
grupos de presión académicos e financeiros,
empeorando as condicións laborais do persoal
docente.
A desregulación crea profesores de primeira e de
segunda, xa que será cada universidade a que decida
que docentes poden dedicarse á investigación e
cales, non.
As modificacións realizadas no texto do Estatuto,
tal como aparecen no último borrador enviado o 25
de maio, non foron comunicadas, nin explicadas, nin
negociadas na Mesa Sectorial, segundo os
sindicatos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript