18/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Xerencia e as funcións das conserxerías
Abonda con ler as circulares remitidas pola Xerencia sobre a matrícula os anos 2010 e 2011 para evidenciar os cambios de funcións que nelas se producen, sen embargo a xerente insiste “non houbo cambio de funcións”.
A Xerencia considera que o feito de cambiar o
tóner dos fax e das fotocopiadoras confiren a
obriga, por extensión, de cambialo, tamén das
impresoras.
Insiste, ademais, en que se alguén non sabe facelo
que o diga para realizar o pertinente curso. Isto
do curso esténdeo ao feito de acender os PC’s. Se
alguén non sabe facelo daráselle o curso
pertinente, di que nas conserxerías hai pc’s e,
polo tanto, deberían saber facer estes
procedementos (a partir de agora tede coidado, o
feito de saber facer unha cousa pode conferir a
obriga de asumilo como unha tarefa propia da área).
Entende, que non se lle pode atribuír mala fe posto
que ten demostrado que pon todo o que está nas súas
mans para favorecer aos traballadores/as das
conserxerías, aí están os controladores para
favorecer que o persoal poida coller as vacacións
(non se decata, ou si, de que o feito de que haxa
que recorrer a estes empregados é unha evidencia da
pouca dotación da área de conserxería).
Como se ve nin reflexión nin reconsideración a
Xerencia recalca os termos esenciais da circular.
Si chega á conclusión, agora, de que o feito de
efectuar desde as conserxerías a selección do
servizo ao que dirixir as dúbidas e incidencias
excede as funcións desa área.
Ese medio cambio de criterio non satisface as nosas
pretensión nin as dos compañeiros/as das
conserxerías.
Insiste a Xerencia en que a organización do
traballo é potestade da Universidade. Extrapola,
deste xeito, o que é un factor organizativo a un
dereito omnímodo sobre todo o colectivo. Non é
certo que este dereito lle confira a potestade de
cambiar as funcións dun xeito unilateral.
Seguimos, polo tanto, baixo un sistema xerencial
autoritario, paternalista e impropio dunha
universidade democrática.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript