Agosto de 2010
 
 

18/07/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Case un terzo de comida ao lixo
Segundo o informe Perdas e desperdicio de alimentos no mundo encargado pola Organización da ONU para a Alimentación e a Agricultura (FAO), preto dun terzo dos alimentos que se producen cada ano no mundo para consumo humano pérdense ou desperdician. Cada ano, os consumidores nos países ricos desperdician practicamente a mesma cantidade de alimentos que a totalidade da produción alimentaria neta de África subsahariana. As froitas, hortalizas, raíces e tubérculos son os alimentos máis desaproveitados. A cantidade de alimentos que se perde cada ano equivale a máis da metade da colleita mundial de cereais.
Considero que estas perdas son unha vergoña nunha sociedade na que tantas persoas pasan fame. Esperemos que o novo director xeral da FAO encontre remedio a ambas as dúas cousas: a fame e os desperdicios, especialmente nos opulentos habitantes dos países ricos. Neste sentido, os habitantes dos países desenvolvidos temos moito que facer, especialmente dende o punto de vista pedagóxico.

 

Nin un peso para a candidatura olímpica
Tanto Alberto Ruiz-Gallardón coma Esperanza Aguirre confesaron que non teñen "nin un puto duro" na Comunidade de Madrid. Moito peor: teñen unha xigantesca débeda, sen precedentes, que pagaremos moi caro, con altos intereses.
Ante esta situación, resulta inadmisible que Alberto Ruiz-Gallardón aínda teña o valor de volver presentar Madrid como sede olímpica. Algún inxenuo crerá que o gasto xa está feito, recordando os "arranxos" e "ampliacións" para a segunda e insensata aposta polas Olimpíadas que fracasou estrepitosamente, tal e como se advertiu a Ruiz-Gallardón dende os máis distintos ámbitos. E volverá gastar moito diñeiro neste novo intento. Ante esta situación, esixo que non se gaste "nin un puto duro" para a terceira, que si sería esta vez a vencida, a nosa ruína total durante este período de dura crise económica.

 

A crise estrutural e as formas de vida
A crise estrutural actual é a consecuencia dos excesos do capitalismo extremista que se iniciou nos anos oitenta. De feito, este dogmatismo disfrazado de postmodernidade e pseudoeficacia é o que tamén alimentou ao fundamentalismo relixioso para impulsar o medo á liberdade, xustificar a represión e, sobre todo, globalizar a inxustiza social. Estamos a soportar un modelo económico e político mortificador.
Con todo, parece que esquecemos que as raíces desta brutal crise arrancan da forma en que nos afixemos a vivir, é dicir, a causa da falta de xustiza social: precariedade laboral, paro e consumismo desbocado. Acostumárannos a recorrer ao crédito de consumo cada vez que se presentaba un problema. Isto é ultraliberalismo neoconservador en estado puro, e é absolutamente insostible.


Non á falacia do copago farmacéutico
Cando alguén suxire que en España se debe implantar o copagamento farmacéutico, está a dicir que o cidadán español ten que pagar dúas veces polo mesmo servizo farmacéutico. O sistema debe mellorarse, pero a forma non é o copagamento. Tampouco a solución pasa por implantar o copagamento ao xubilado (grupo ao que se lle achaca o descontrol farmacéutico), senón que a medida pasa máis ben por ter mellores recursos para exercer un control desa dispensa farmacéutica. Para iso é necesario cambiar a dispensa farmacéutica de longa duración que se receita aos pacientes crónicos ou xubilados, xa que esta acaba converténdose en verdadeiras caixas de primeiros auxilios caseiras de medicinas, que na súa maioría rematan caducando.
Gustaríame que me aclarasen por que se temos tarxeta sanitaria con banda magnética, igual que as tarxetas bancarias, non a empregamos como ferramenta do control de gasto farmacéutico. Estamos na era da tecnoloxía informática: o control farmacéutico é posible e cun menor custo, só falta vontade política de exercelo.



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript