xullo de 2011
 
 

18/07/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Os antitaurinos aseguran que a feira perdeu máis de 400.000 euros en dous anos

A asociación Galicia, Mellor sen Touradas denuncia que a feira taurina da Coruña xerou perdas nos dous últimos anos de 408.252 euros netos, que sen subvención serían 631.050 euros, segundo se desprende do exame que realizou a entidade dos expedientes do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

 

  • Noticias relacionadas

 

A entidade organizará o 30 de xullo unha nova edición do Seminario Internacional pola Abolición da Tauromaquia. O presidente da plataforma, Rubén Pérez, tamén convocou onte unha concentración para o 6 de agosto en repulsa polo financiamento público da feira taurina.
 
O seminario, do que este ano se celebrará a cuarta edición, consistirá nunha conferencia sobre o traballo de Galicia, Mellor sen Touradas, dende a súa creación hai tres anos, e nunha mesa redonda na que participarán Xoán Antón Pérez Lema, avogado e exsecretario xeral de Relacións Institucionais, e Teresa Moure, catedrática de Lingüística da Universidade de Santiago e escritora. O acto, segundo a entidade, pretende reforzar os argumentos de que a tauromaquia non ten pervivencia en Galicia se non é con apoio económico do sector público.
 
 
La Opinión

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript