xullo de 2011
 
 

11/07/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Os 'novos' pobres, un fenómeno que crece no estado español

Persoas que hai uns anos tiñan unha vida relativamente estable, acoden cada vez máis a pedir comida en institucións de beneficencia. O problema, advirten os expertos, seguirá crecendo.

 

  • Noticias relacionadas

 

A caída do sector inmobiliario deixou na pobreza miles de persoas.
 
O perfil do "novo" pobre é un home, menor de 40 anos e que traballou na industria da construción. De obter bos ingresos traballando pola súa conta, pasou a depender dun subsidio e a acudir a institucións de beneficencia para comer.
 
O caso de Esteban
 
Cando Esteban aceptou conversar con BBC Mundo sobre a súa situación actual e comparala coa súa vida de hai uns anos, descubrimos que o seu relato encaixa case perfectamente co perfil estatístico.
 
"Eu traballaba na construción, era autónomo (traballador por conta propia) e tiña contratos con empresas multinacionais. Facía uns 3.000 euros ao mes (US$4.350) e se collía vacacións, era un par de semaniñas en agosto porque había moita faena", conta.
 
Iso foi en 2004. Esteban tiña 24 anos, era solteiro e os seus ingresos eran superiores aos de case calquera profesional universitario. No medio desa situación, non lle custou moito que un banco lle aprobase unha hipoteca.
 
Pagaba 1.200 euros (US$1.700) ao mes pola casa, ademais da cota de traballador autónomo e outros impostos", recorda Esteban, sentado na sala do seu apartamento de catro habitacións.
 
"España va bien"
 
2004 foi o ano en que rematou o goberno de José María Aznar, quen resumía a súa política económica co lema "España va bien". Defendía a tese de que o modelo de crecemento baseado na expansión inmobiliaria era o camiño á riqueza e o benestar.
 
Cando rebenta a crise en 2008, esborrállase o modelo de crecemento e estala a burbulla inmobiliaria, o estado remata con millóns de mozos que non remataron os seus estudos secundarios e formados unicamente para traballar nunha industria que xa non existe.
 
O goberno actual, encabezado por José Luis Rodríguez Zapatero, recoñece que ante a crise reaccionou tarde (e mal, segundo os seus críticos). Ademais, foi forzado pola Unión Europea (UE) e o Fondo Monetario Internacional (FMI) a aplicar un programa de axustes que afecta, principalmente, o gasto social.
 
"Nunca mo imaxinei"
 
Chegou 2009 e as empresas coas que Esteban tiña contratos deixaron de chamalo. Tivo que deixar de pagar a taxa como traballador autónomo (uns 250 euros ao mes) e foise a probar sorte en Andalucía, lonxe da súa esposa e os seus pais.
 
Estiven nove meses, pero cando se rematou o traballo alí tamén, tiven" que "regresar", recorda.
 
Tivo que facer un arranxo co banco para que lle deixasen pagar só os intereses da súa débeda e comezou a recibir un subsidio de desemprego, do que só lle quedan 30 euros (US$43) despois de pagarlle ao banco.
 
"Internet e o teléfono, que os necesito para buscar traballo, páganmos os meus sogros", explica. Para alimentarse tiveron que recorrer a unha obra de beneficencia, que lles entrega un paquete de alimentos cada tres semanas.
 
"Eu sempre fun bastante independente, estou afeito a resolver me o todo eu mesmo. Nunca me imaxinei que tería que ir a pedir comida. Estoulles moi agradecido, pero nunca pensei que eu ía necesitar que me desen de comer", di.
 
E mentres non encontra traballo, tampouco tivo sorte cos cursos de formación para desempregados que financia o goberno. "Comecei un curso de Técnico Asistente Sanitario, pero faltounos un módulo e as prácticas. Agora din que non hai diñeiro para completalo".
 
E aínda que o goberno asegura que xa se aplicaron os correctivos para comezar a superar a crise, os prognósticos dos expertos non parecen moi alentadores para casos como o de Esteban, que é o de millóns de cidadáns.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript