xullo de 2011
 
 

11/07/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O FMI sobe o 11% o salario de Lagarde, ata os 381.508 euros

Mentres obriga ao mundo a apertarse o cinto, o Fondo Monetario Internacional (FMI) encontrou marxe para elevar o salario do seu máximo executivo.

 

  • Noticias relacionadas

 

O, día da estrea oficial na dirección xerente de Christine Lagarde, a exministra de Finanzas francesa que é a primeira muller á fronte do organismo, fixéronse públicos os termos do nomeamento, incluíndo información sobre compensacións. Lagarde recibirá 381.508 euros netos ao ano entre salario (323.587 euros) e gastos de representación (57.921 euros) «para permitirlle manter, en interese do Fondo, un estilo de vida axeitado á súa posición,» La cifra representa un aumento do 11% respecto á que estipulou o contrato que asinou no 2007 o seu predecesor, Dominique Strauss-Kahn, que dimitiu tras ser acusado dunha agresión sexual. A cantidade, ademais, revisarase anualmente para axustala ao IPC de Washington DC.
 
O aumento non é a única novidade no acordo entre o FMI e a súa nova directora xerente. Incluíuse unha cláusula na que se recorda a Lagarde que se espera que «siga os máis elevados parámetros de conduta ética consistente cos valores de integridade, imparcialidade e discreción» e úrxeselle a participar no programa de formación en ética que deben cumprir todos os empregados da institución.
 
A Lagarde, que se defendeu ante os que cuestionaron que poida ser imparcial por exemplo no caso do rescate de Grecia polos intereses de Francia e da Unión Europea, suxíreselle «aspirar a evitar mesmo a aparencia de conduta impropia» e, como tamén fixo Strauss-Kahn, úrxeselle a evitar «calquera conflito de interese ou a aparencia de tal conflito».

 
Kaosnarede

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript