A universidade (con Meilán e con Barja) sempre tivo unha cousa clara. Nos servizos, onde se poida aforrar, non gastar un can (isto aplicouse sempre co PAS, e sobre todo co PAS laboral). Esta filosofía levou, en época de bonanza económica a que servizos completos estiveron a realizarse por traballadores contratados en precario (Labora e/ou bolseiros).
Isto pasou coas aulas net, unha vez desaparecidos os contratos tipo Labora, a Xerencia busca novos xeitos de realizar o mesmo traballo a custo cero.
Coma sempre que hai un problema sácase de enriba pola vía rápida, non se pensa máis. Quén pode realizar un traballo desta índole?. Porque non nas conserxerías?. Esta reflexión debe durar como moito
dous minutos e, a elo!.
O proxecto da área residencial universitaria de Elviña era pioneiro tamén por un concepto residencial novo: a configuración dunha espazo común constituído por 300 vivendas de protección autonómica (VPA) en réxime de aluguer con capacidade para 600 estudantes por 100 euros mensuais.
Mentres que ao resto dos traballadores e traballadoras da Administración Pública non nos queda máis que o desconto do 5%. Para certos sectores da propia Administración a situación é ben distinta. O Ministerio de Xustiza asinou o día 4 de xullo coas asociacións xudiciais un acordo para distribuír entre os xuíces do Estado 6,8 millóns de euros en concepto de retribucións variábeis correspondentes a 2010. Os galegos poderían percibir, segundo cálculos estimatorios, entre 400.000 e 500.000 euros de incentivos vinculados ao seu rendemento individual, é dicir, o número de sentenzas ditadas.
A noticia de que o presidente de Bankia, Rodrigo Rato; o vicepresidente, José Luis Olivas, e o conselleiro delegado, Francisco Verdú, cobrarán de forma conxunta ata 10,15 millóns de euros entre salario fixo e variable produciunos unha grande indignación e non sabemos a que espera o Gobernador do Banco de España, Miguel Fernández Ordoñez, a pedirlles que se baixen o soldo para aforrar gastos.
Mentres obriga ao mundo a apertarse o cinto, o Fondo Monetario Internacional (FMI) encontrou marxe para elevar o salario do seu máximo executivo.
A diferenza de prezo que presentan os alimentos entre a súa cotización en orixe e o prezo de venda ao público marcou en xuño un novo máximo anual, ao multiplicarse de media por 6,28 o prezo dos produtos dende o campo ata as tendas, pola caída dos prezos no campo ante o efecto da crise do cogombro, informou a organización de consumidores Ceaccu nun comunicado.
Persoas que hai uns anos tiñan unha vida relativamente estable, acoden cada vez máis a pedir comida en institucións de beneficencia. O problema, advirten os expertos, seguirá crecendo.
Despois da acción que impediu o desaloxo dunha familia en Ferrol, a brigada contra desaloxos do 15-M coruñés inaugura a súa actividade cunha “acción” na rúa Real
Carlos Negreira cobrará só 270 euros menos ao ano que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Os 76.000 euros brutos anuais que percibirá, "non" casan "ben coa austeridade" e engaden que supón subirse máis de 20.000 euros o salario con respecto ao que cobraba como deputado autonómico.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript