11/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O 85% dos cidadáns cre que a corrupción está moi estendida
O paro segue sendo o problema máis importante para o 82,6% dos cidadáns, aínda que a preocupación polo desemprego cedeu un punto e medio entre maio e xuño, segundo revela o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), correspondente ao mes de xuño e dado a coñecer o pasado mércores.
Le aquí o Barómetro do CIS
A preocupación polo desemprego alcanzou o seu
récord máximo en maio, momento en que era un
rompedeiro de cabeza para o 84,1% dos enquisados.
En marzo, era a primeira preocupación para o 83,9%
dos cidadáns, mentres que en febreiro alcanzaba o
82,8% e en xaneiro a proporción foi do 82,4%.
Problemas económicos
Estes elevados valores rexistráronse despois
dun trimestre de lixeiro descenso: no barómetro de
decembro o paro era a maior dificultade do estado
para o 78,6% dos enquisados, en novembro tamén o
era para o 79,5% e en outubro, para o 81,1% da
poboación. O segundo problema do país son as
cuestións de índole económica para o 47% dos
cidadáns, co que se demostra que a crise segue
presente nos fogares.
Moi por detrás aparecen os políticos como terceira
adversidade (24,7%) e a inmigración en cuarto lugar
(11,8%). Menor preocupación causan a inseguridade
cidadá (7,7%), a vivenda (7,2%), a corrupción
(6,9%), o terrorismo (5,3%), o Goberno (4,6%), a
educación (3,9%), os problemas de índole social
(3,7%) e as pensións (2,6%). Entre os problemas que
máis afectan persoalmente aos enquisados figuran o
paro (44,5%), as cuestións de índole económica
(39,5%), a clase política e os partidos (8,5%), a
vivenda (7,1%), as pensións (6,7%), os problemas
relacionados coa calidade do emprego (6,1%), a
sanidade (4,5%) e a inseguridade cidadá (3,8%).
O optimismo polo chan...
En canto á situación económica actual, o 81,7% dos
enquisados cre que se vive un momento "malo ou moi
malo" e só un 1,5% considera que é "bo" e ninguén o
valora como "moi bo". Non hai demasiado optimismo
en que mellore, pois o 27% vaticina que dentro dun
ano será aínda peor e só un 18,4% pensa que
mellorará. Con todo, os que cren que mellorará son
máis que en maio e os que vaticinan un empeoramento
descenden lixeiramente. Tampouco é moi boa a
valoración sobre a situación política que vive no
estado nestes momentos. Para o 69,5%, a
situación é "mala ou moi mala", mentres que un 2,4%
a xulga "boa", e só un 0,2% atrévese a cualificala
de "moi boa".
Dentro dun ano será aínda peor para o 22% dos
cidadáns, se ben un 15,3% augura que o clima
político mellorará. O resto dos enquisados estima
que seguirá "igual". O CIS basea os resultados
desta enquisa en 2.472 entrevistas realizadas en
240 municipios de 47 provincias entre os días 2 e 9
de xuño de 2011, unha vez celebradas as eleccións
municipais e autonómicas de maio.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript