04/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A socialdemocracia tamén vendeu a Universidade
O equipo reitoral padece unha enfermidade moi común na socialdemocracia, aplicar políticas totalmente contrarias ao que se dí pretender.
Padece o mesmo síndrome que a socialdemocracia política que, pretendendo, en teoría, o estado de ben estar, aplica políticas que empobrecen e precarizan a clase obreira e as clases máis desfavorecidas mentres que o capital segue con ganancias nunca vistas, (en época de bonanza privatizaron os beneficios, cando hai crise socialízanse as perdas), este goberno monicreque nin sequera se atreve a lexislar medidas fiscais que poidan lesionar, dalgún xeito, os intereses dos que provocaron a crise, dedicándose a meter en cintura a traballadores/as, xubilados/as, parados/as e as clases máis desfavorecidas. Con tal de manter un sistema insolidario e inxusto non importa o sacrificio dos máis débiles.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript