xullo de 2011
 
 

04/07/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A SGAE investigada, detidos nove altos cargos

A Garda Civil detivo o presidente da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), Teddy Bautista, e oito persoas máis no marco da 'Operación Saga'. O corpo investiga unha denuncia da Fiscalía Anticorrupción por presuntos delitos societarios e apropiación indebida.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os noutrora azoute dos internautas, dos que nas festas poñían música, dos nenos que representaban no seu colexio unha obra teatral (morte á cultura se non está pagada), todo isto defendendo a “lexitimidade” que a defensa dos “creadores” lles outorgaba.
 
Sempre fundamentándose na legalidade vixente e establecendo como ilegal as actividades lúdicas dos cidadáns que, a non tardar moito, pagaremos por respirar porque o aire terá Copyright, e, polo tanto dereitos de autor. Eses “legalistas” cun exército de avogados sempre listos a inmiscuirse na intimidade das persoas para vixiar calquera acción ou actividade suxeita á demanda.
 
Esa sociedade pintada cunha pátina de legalidade parece que a Fiscalía Anticorrupción raspando algo atopou a cova de Alí Baba e, de momento e presuntamente (non vaia ser) 8 corruptos máis.
 
De demostrarse a súa culpabilidade, que o peso da ignominia das súas accións dirixa a balanza ás penas máis altas posibles. Os que non teñen piedade non a merecen.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript