xullo de 2011
 
 

04/07/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Roubando aos traballadores para regalalo á banca

Xa non saben que máis facer para roubar masivamente á clase traballadora e seguir enriquecendo ao parasitario capital financeiro. A última en Portugal: roubar media paga extra a todos os traballadores.

 

  • Noticias relacionadas

 

O primeiro ministro portugués, Pedro Passos Coelho, anunciou a aplicación este ano dun imposto especial para equilibrar as finanzas lusas que supoñerá un desconto do 50% na paga extra de Nadal de todos os traballadores.
 
O novo xefe do Executivo conservador de Portugal anunciou ese imposto extraordinario ao arrancar o debate parlamentario do seu programa de Goberno, que inclúe outras medidas de aforro para superar a grave crise financeira que sofre o país e cumprir os compromisos do seu rescate financeiro internacional.
 
Passos Coelho subliñou o "desafío sen precedentes na historia do país" ao que se enfronta o seu Goberno e anunciou que vai adoptar as medidas necesarias "de anticipación e prevención" para cambiar o ciclo da economía e recuperar a confianza nas finanzas lusas.
 
Nese marco inscríbese a "contribución especial do axuste presupostario" que se aplicará este ano nas retencións impositivas da paga de Nadal de forma "universal" e que será equivalente ao seu 50 por cento.
 
O primeiro ministro, que asumiu o poder a semana pasada tras gañar as eleccións do 5 de xuño ao Partido Socialista, que levaba seis anos no Goberno, sinalou que os detalles técnicos dese imposto aínda non están listos, pero aplicarase por enriba do salario mínimo luso, que é de 485 euros mensuais.

Kaosnarede

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript