04/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Menos os salarios, sube todo
Un cóctel maldito. Mentres que os salarios baixan, o paro increméntase, dun xeito escandaloso, até chegar ao 21% os prezos seguen á alza, o Goberno de Zapatero incumpre, unha vez máis, unha promesa e, de paso, baleira os petos dos máis desfavorecidos.
Enganóusenos unha vez máis. O ministro de
Industria aseguraba que a súa intención era
“conxelar” a tarifa eléctrica nas revisións
efectuadas neste exercicio, agora chega un aumento
do 1,5%
Non é de estrañar que a indignación se xeneralice
entre a cidadanía. A luz, o gas e a bombona,
produtos de primerísima necesidade e subiron os
prezos ao comezo deste mes . Tamouco o euribor
axuda e subiu até un 2,14%, encarecendo a hipoteca
nunha media de 782 euros anuais. Estes incrementos
suporán un golpe ás carteiras dos cidadáns duns 70
euros mensuais
Nesta conxuntura os salarios que poderían soportar
estes incrementos, no mellor dos casos mantéñense
pero, en xeral, baixan ou mesmo desaparecen porque
o paro incrementouse até chegar ao 21% da poboación
activa.
O estado español volveu rexistrar en maio as cifras
máis altas de desemprego cun paro do 44,4% entre os
mozos, dúas décimas máis que en abril, mentres que
o desemprego masculino se mantivo estable no 20,1%
e o paro feminino subiu dúas décimas, ata o 21,7%.
Temos claro a quen serven as políticas económicas
do goberno Zapatero. Estes incrementos son
irracionais e como única finalidade encher os petos
das empresas e dos seus consellos de administración
baleirando os dos traballadores/as
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript