04/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Policía gastará 1.700.000 euros en protexer o papa
Protexer a Benedicto XVI durante a súa visita a Madrid con motivo da Xornada Mundial da Xuventude ten un prezo: 1.700.000 euros. Ese é o presuposto do Ministerio do Interior para pagar dietas, horas extra e compensacións por atrasar as vacacións aos 4.952 axentes do Corpo Nacional de Policía que participarán no dispositivo de seguridade.
Estas cifras, facilitadas polo comisario
xeral de Seguridade Cidadá, José Marían, nunha
reunión celebrada o pasado 28 de xuño coas
organizacións sindicais do CNP, provocaron malestar
entre elas, xa que consideran que o diñeiro vai ser
detraído de partidas "claves", como a que serve
para pagar as dietas aos policías que teñen que
viaxar en operacións contra o crime organizado e a
que a final de ano se destina a pagar o complemento
de produtividade dos axentes. "Ao final, a
seguridade da visita do papa ímola rematar pagando
os propios policías", denuncia José Manuel Sánchez
Fornet, secretario xeral do Sindicato Unificado de
Policía (SUP, a organización maioritaria.
Os sindicatos din que se detrae diñeiro da loita
contra a delincuencia
Unha crítica que é negada por un voceiro oficial de
Interior, que insistía en "que ningún dispositivo
de seguridade futuro, nin ningunha operación
policial contra a delincuencia se van ver
hipotecados polo custo que finalmente supoña o
despregamento policial pola visita do papa". Non
obstante, estas mesmas fontes aseguraron descoñecer
cal era a contía final deste.
1.280 antidisturbios
Na reunión do mando policial cos sindicatos tamén
se detallou que unidades se verán implicadas no
operativo. Así, as que máis axentes achegarán
durante os catro días de visita, entre o 18 e o 21
de agosto, serán as Unidades de Intervención
Policíal (UIP, os coñecidos como antidisturbios)
que destinarán 1.280 homes, practicamente a metade
do seu actual persoal.
A visita obrigará a concentrar en Madrid á
metade dos antidisturbios
Xunto a eles, participarán 150 funcionarios da
Brigada Móbil, 90 integrantes da Unidade de
Cabalaría, 44 guías caninos, 38 policías da Unidade
de Subsolo e 1.853 alumnos da Escola de Ávila,
entre outros grupos. Aínda que a maioría deles
están destinados en Madrid, axentes doutras catro
comunidades serán trasladados á capital.
O número de axentes implicados será, finalmente,
similar ao de anteriores visitas papais, malia que
esta terá unha duración maior, destacan fontes
policiais. Así, tanto na viaxe de Juan Pablo II de
maio de 2003 coma nos realizados polo actual
pontífice en 2006 e o ano pasado a Santiago de
Compostela (o seu paso por Barcelona foi
competencia dos Mossos d'Esquadra), os membros do
CNP implicados foron aproximadamente 4.500, só un
10% menos que agora. A eles sumaranse, nesta
ocasión, 1.200 gardas civís.
Non precisa tanta xente é un gasto
innecesario. É, como se pode ver na imaxe,
do corpo, se fai falla repartir hostias el é un ás
niso. Xa se defende el só.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript