xullo de 2011
 
 

04/07/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Canta dor custa a ledicia dos mercados

"O parlamento grego estivo á altura, agora é deber de todos os europeos mostrar solidariedade cos cidadáns gregos. " -Jerzy Buzek, presidente da Euro cámara-

 

  • Noticias relacionadas

 

Poucos días se visualizou a obscenidade da crise (e das políticas anticrises) como na semana pasada. A aprobación polo parlamento grego do duro plan deixou en todas as portadas de xornais e telexornais idénticas imaxes de loita nas rúas: rostros ensanguentados, gases asfixiantes, cargas policiais.
 
Pero os titulares que acompañaban esas mesmas imaxes non falaban de dor, sangue ou loita, ou facíano de forma secundaria. Pola contra, os principais titulares eran de cor de rosa. Déixolles uns cantos que recortei onte, e que deben ser lidos tendo diante as imaxes de manifestantes mallados e asfixiados: "os mercados celebran", "optimismo nos mercados", "a paz chega aos mercados", "os mercados respiran", "as bolsas celebran", "euforia nos mercados", "alegría nos mercados", "os mercados reláxanse", e os meus dous favoritos: "a banca europea celebra o si de Grecia", e "o si grego anima a festa bolsista".
 
Digo obscenidade, e quédome curto. Niso, polo visto, consiste a crise: o sufrimento e a loita dos cidadáns é a alegría, a paz e o optimismo dos mercados. Si, soa demagóxico, pero non son eu o que unín titulares e imaxes. Tampouco é culpa dos medios, que se limitan a describir.
 
Parece que a cousa funciona mediante vasos comunicantes: canto máis crispados os cidadáns, máis relaxados os mercados. Canto máis furiosos os primeiros, máis felices os segundos. Canto máis lamentan uns, máis celebran outros. E non é para menos: mentres para os cidadáns se aproban medidas brutais e se lles condena a décadas de prostración, o novo rescate garante aos mercados (aos bancos) seguir cobrando os enormes intereses, pois Grecia deberá empregar a maior parte do recibido en seguir pagando, cada vez máis.
 
Poderiamos crer que os vasos comunicantes son de dobre sentido: que a angustia dos mercados sería a nosa felicidade, que coa súa asfixia respirariamos mellor. Pero que vai, non polo menos ata agora: cando os mercados o pasan mal, nós peor.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript