04/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A maioría dos países europeos referencia os soldos ao IPC
Os poderes económicos e políticos presionan dun xeito abrumador, para que os incrementos salariais teñan como referencia a produtividade. Queren metérnolo polo fociños. Pero se votamos unha ollada ao que acontece no resto da UE (Unión Europea) observamos un comportamento semellante ao que acontece no Estado español. Os salarios teñen como referencia o IPC.
O custo laboral para as empresas do Estado
español está por debaixo da media europea.
Representa menos da metade do que se paga aos
traballadores do Reino Unido, Países Baixos e
Alemaña, segundo un recente estudo de Adecco e
IESE. O problema do Estado, subliña o grupo de
consultoría, non serían tanto os custos laborais
coma unha produtividade estancada durante unha
década, incrementada coa situación de crise pola
masiva destrución de emprego.
No groso dos países da UE, a excepción en parte de
Alemaña, as nóminas constrúense con referencia ao
IPC. Certamente, o caso alemán, exportador da idea
de ligar salarios e produtividade, representa un
punto de inflexión, porque os traballadores
participan nos consellos de administración das
grandes empresas.
No Estado, os expertos cren que ligar os soldos a
índices de produtividade sectoriais ou do conxunto
da economía supoñería grandes desigualdades entre
empregados, e remataría por lastrar a
competitividade.
O modelo alemán preséntase como un manual de boas
prácticas, que esixiría modificacións na, moitas
veces, opaca estrutura empresarial do Estado, isto
seguro que nunca se abordará.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript