Número 90 - 04 de xullo de 2011
 
 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA

    O reitor “esquece” informar da residencia universitaria. Solicitóuselle unha posición máis activa na súa defensa, preparando un peche institucional para o comezo de curso ao que se negou.
     
    Infórmase que o PDI laboral cobrará os seus atrasos no mes de xullo. Segundo se nos indicou una Comisión delegada de Asuntos Económicos, terán un gravame do 20% polo retraso no seu abono (penalización que será pagada con cartos do Capítulo I do orzamento, neste caso non importa, faltaría máis).

UNIVERSIDADE

    O equipo reitoral padece unha enfermidade moi común na socialdemocracia, aplicar políticas totalmente contrarias ao que se dí pretender.

ECONOMÍA

    BNP Paribas, Credit Agricole, Unicredit, Intesa e Deutsche Bank, ademais do “español” Banco Santander, contan con estimacións de ganancias para o presente exercicio moi superiores as do pasado exercicio, superando mesmo o mellor da década de 2006.

CUT

    O pasado venres día 24 de xuño celebráronse as Xornadas Antirepresivas en Vigo coa presenza dos sindicatos LAB, INTERSINDICAL CANARIA, FSOC CANARIO, CSI de ASTURIAS, INTERSINDICAL VALENCIANA e CGTP de PORTUGAL. Na sesión da mañá analizouse a situación de crise do sistema capitalista e as consecuencias represivas para a clase traballadora.

CRTVG

    A Dirección de Recursos Humanos da CRTVG propón sancionar con 45 días de suspensión de emprego e soldo aos tres traballadores e traballadoras responsables das delegacións da TVG de Vigo, Pontevedra e Lugo aos que hai unhas semanas acusou de cometer unha falta moi grave de deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas.

LABORAL

    Na súa última Conferencia Internacional do Traballo en Xenebra, a OIT vén de aprobar un Convenio[1] e unha Recomendación[2] que recollen normas laborais internacionais destinadas a mellorar as condicións de vida das traballadoras do fogar. Os Estados membros dispoñen dun ano para debater e ratificar ou non este marco laboral que pretende acadar unha armonización básica de dereitos.

SGAE

    A Garda Civil detivo o presidente da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), Teddy Bautista, e oito persoas máis no marco da 'Operación Saga'. O corpo investiga unha denuncia da Fiscalía Anticorrupción por presuntos delitos societarios e apropiación indebida.

CRISE - PORTUGAL

    Xa non saben que máis facer para roubar masivamente á clase traballadora e seguir enriquecendo ao parasitario capital financeiro. A última en Portugal: roubar media paga extra a todos os traballadores.

OS POLITICOS

    O feito de aproveitar o paso pola política para despois “dedicarse” á empresa privada non é exclusivo da dereita, tamén a socialdemocracia participa en maior ou menor medida desta dinámica “post escano”.

    
  •   
 
 LABORAL
    Os poderes económicos e políticos presionan dun xeito abrumador, para que os incrementos salariais teñan como referencia a produtividade. Queren metérnolo polo fociños. Pero se votamos unha ollada ao que acontece no resto da UE (Unión Europea) observamos un comportamento semellante ao que acontece no Estado español. Os salarios teñen como referencia o IPC.
 POLÍTICA
    Mentres que nestas instancias deciden sobre a aplicación de directrices tales como tomar como referencia dos incrementos salariais a produtividade no canto do incremento do IPC eles, claro está, están fóra desta referencia.
 ECONOMÍA
    A presenza das grandes compañías do Estado (as que cotizan no Ibex 35) en territorios fiscalmente opacos está estendida. Ao peche de 2010, seis de cada dez empresas do Ibex tiña, polo menos, unha sociedade domiciliada nalgún dos países aos que a lei “española” considera paraísos fiscais. Estes territorios caracterízanse por ofrecer aos cidadáns e empresas estranxeiros sistemas impositivos moi laxos e con escasos controis financeiros, o que favorece a redución da presión fiscal.
 PARA ISTO TAMÉN HAI DIÑEIRO
    Protexer a Benedicto XVI durante a súa visita a Madrid con motivo da Xornada Mundial da Xuventude ten un prezo: 1.700.000 euros. Ese é o presuposto do Ministerio do Interior para pagar dietas, horas extra e compensacións por atrasar as vacacións aos 4.952 axentes do Corpo Nacional de Policía que participarán no dispositivo de seguridade.
 PREZOS - SALARIOS - PARO
    Un cóctel maldito. Mentres que os salarios baixan, o paro increméntase, dun xeito escandaloso, até chegar ao 21% os prezos seguen á alza, o Goberno de Zapatero incumpre, unha vez máis, unha promesa e, de paso, baleira os petos dos máis desfavorecidos.
 ECOLOXÍA
    O venres 22 de xullo, como xa vén sendo habitual cada verán, celébrase a 5ª Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e que partirá ás 5 da tarde de Caranza, precisamente do Parque Carmelo Teixeiro.
 CRISE - Artigo de Isaac Rosa
    Poucos días se visualizou a obscenidade da crise (e das políticas anticrise) como na semana pasada. A aprobación polo parlamento grego do duro plan deixou en todas as portadas de xornais e telexornais idénticas imaxes de loita nas rúas: rostros ensanguentados, gases asfixiantes, cargas policiais.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

     

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript