04/07/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Resumo do Consello de Goberno do día 30/06/2011
1.- Informe do Reitor:
Reitor
Recibíronse 108.000 € da Convocatoria de
Fortalecemento do Campus Internacional.
Memoria de responsabilidade social universitaria.-
Presentada polo Consello de Social pero realizada
pola propia institución. Pódese consultar na páxina
web da UDC.
Vicerreitora de Investigación: Todas as
subvencións solicitadas para proxectos de
investigación foron concedidas.
Biblioteca: houbo unha reunión do Consello de
Goberno de BUGalicia, como é sabido, as
universidades públicas galegas comprometéronse a
aportar a mesma cantidade que o ano anterior. A
Xunta aínda non concretou a súa aportación pero
asináronse convenios bilaterais entre BUGalicia e
cada unha das universidades o que permite a
transferencia de fondos.
Xerente: Informa de que se realizou unha
reunión da Comisión de AA.EE. para tratar,
esencialmente asuntos de trámite.
O día 23 de xuño constituíuse a Comisión
Negociadora do IV Convenio Colectivo.
Tamén informa de que se remataron todos os procesos
selectivos da área de conserxería. A mediados deste
mes asinaranse os contratos e faranse as tomas de
posesión.
Vicerreitor do Campus de Ferrol informa da
entrega dos premios emprendedores.
Vicerreitor de Profesorado: informa de que o
PDI laboral cobrará os seus atrasos no mes de
xullo. (Segundo se nos indicou una Comisión
delegada de Asuntos Económicos, terán un gravame do
20% polo retraso no seu abono, penalización que
será pagada con cartos do Capítulo I do orzamento.
Neste caso non importa, faltaría máis).
Un cambio de dedicación aprobado no Consello de
Goberno anterior non correspondía polo que se
mantén a dedicación anterior.
Vicerreitor de Infraestruturas: Informa que
se están a realizar obras por un importe total
de 6.800.000€, esta cantidade contempla todas
as fases nas que están neste momento, algunhas
están en fase de proxecto, outras en fase de
licitación e outras en fase de execución.
As obras abarcan desde as necesarias para
adaptación dos centros ao EEES até adaptacións de
centros ao Código Técnico de Edificación, cubertas…
2.- Lectura e aprobación da Acta: Casteleiro
pide se rectifique a expresión “gratuitamente”
cando se refire ás súas palabras e pide, tamén, que
quede constancia do seu cabreo.
Apróbanse o restos de puntos da orde do día até o
punto.
10.- prazas de profesorado.
Xosé Portela: quere que quede constancia que
se crean prazas substituíndo ao profesorado que se
xubila cando no anterior Consello de Goberno o
Vicerreitor, na súa xustificación para o cambio de
dedicación falaba de aforrar mediante a súa
amortización.
Vicerreitor; di que o que adquiriu foi o
compromiso de amortizar o 50% das xubilacións que
se produzan.
Xosé Portela. Controlarémolo.
Apróbase o punto 11
12.- (máis cambios de dedicación)
Neste caso para diminuír a dedicación. Informa, o
Vicerreitor que no vindeiro Claustro traerá máis
cambios de dedicación, nese caso prazas a tempo
parcial que pasarán a tempo completo.
Aproveitou o Vicerreitor para indicar que,
consultado o servizo xurídico, chegouse á
conclusión de que, sempre que o Consello de Goberno
o aprobase os cambios de dedicación eran legais.
Tamén, a Mesa Sindical, encargada da interpretación
do Convenio entende que son legais sempre que
conten coa súa anuencia.
Manuela indica todos os contratos teñen dúas
modalidades, a tempo parcial e a tempo completo,
cando se produce un cambio de dedicación hai un
cambio de contrato polo tanto segue a entender que
é de dubidosa legalidade e que compromete os
principios de igualdade, capacidade e mérito porque
con outra dedicación podía ser a praza de interese
para outras persoas.
O cambio de contrato prodúcese coa ampliación da
dedicación ou coa súa diminución.
O Vicerreitor di que trae o resultado da
consulta sen máis.
O Secretario Xeral pide explicación sobre os
fundamentos da reclamación.
Manuela, xa llos indiquei.
13.- Apróbase.
14.- Programa de Promoción do PDI Acreditado.
Vicerreitor de Profesorado: desde o ano 2008 no
que se aprobou a promoción de profesores que se
acrediten como catedráticos procédese anualmente á
promoción dun máximo de dous por ámbito do
coñecemento. Tamén se fai o mesmo cos axudantes a
titulares.
Ninguén ten problemas en que se promocionen.
Faltan as promocións do PAS Laboral.
Puntos 15 e 16 por dimisión de todos os
candidatos pospóñense as votacións.
17.- O borrador de reforma do Regulamento Electoral
ven ao Consello de xeito informativo. Dáse un tempo
prudencial (15 días) para que os compoñentes do
Consello de Goberno fagan as aportacións que crean
convenientes.
18 apróbase.
19 Aprobación da proposta de modificación do
Regulamento de réxime interno da Facultade de
Económicas e Empresariais.
Reitor: a proposta ven
avalada pola revisión feita nos servizos xurídicos
da universidade, modificáronse varios artigos
porque non superaron a primeira revisión.
Xosé Portela: no artigo Art. 21.3 pon:
"A persoa titular
do Decanato será elixida pola maioría
absoluta dos votos válidos emitidos pola Xunta de
Facultade en primeira volta e, de ser o caso, por
maioría simple en segunda volta"
A maioría absoluta do órgano é a metade máis un dos
membros que o compoñen, estase a converter unha
maioría relativa denominándoa como maioría
absoluta.
Reitor, cada centro ten a autonomía para
regular ao seu antollo, dinlle que non. Di despois
que enton é que se aplicou o mesmo regulamento que
para a elección de reitor que non é por maioría
absoluta.
Xosé Portela Insisto en que a redacción do
artigo chirría.
Alguén desde a sala: No regulamento
electoral xeral establécese que nas eleccións de
decano ou director:
Artigo 37. Proclamación de decano ou director de
centro
1. Será proclamado decano ou director de centro
aquela persoa candidata que en primeira volta
obtiver o voto da maioría absoluta dos membros da
xunta.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript