xuño de 2011
 
 

27/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A Universidade de Vigo supera os ingresos previstos

Mentres que a Universidade da Coruña ten paralizada boa parte da súa xestión á espera da decisión da Xunta sobre o “Plan de Sustentabilidade” a Universidade de Vigo segue á procura de ingresos que lle posibiliten o exercicio da súa función.
 
Mentres que, segundo a Xerencia a Universidade da Coruña recibe o 100% do seu orzamento da Xunta, a Universidade de Vigo agarda que se cumpra o compromiso de que este financiamento chegue ao 65% do gasto.

 

  • Noticias relacionadas

 

O ano 2011 está a ser en termos económicos o peor da historia da Universidade de Vigo e “2012 "non" será mellor", afirmou onte o seu reitor, Salustiano Mato, na presentación do balance do último curso e dos plans do próximo, marcados ambos os dous polo arranque do Campus do Mar, "un concepto moi amplo que implica a todos os sectores, espazos e oportunidades" e que converteu a institución viguesa nunha referencia en Europa. "Recoñecen que temos algo que dicir", oufanouse Mato.
 
O Campus do Mar recibiu este ano nove millóns de euros e está previsto que o próximo sume outros 10 millóns para infraestruturas. A busca de ingresos é para a universidade máis importante que a austeridade, segundo o seu reitor, que formulou a necesidade de que a Xunta manteña o seu nivel de financiamento (65% do gasto) como "osíxeno para respirar e para seguir facendo os deberes". A institución está a cumprir o plan de sostibilidade, reduciu o déficit e os ingresos, que busca incrementar, xa superan os previstos.

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript