27/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os traballadores/as tildan de demagóxicos os ataques da Xunta
Acusan á Xunta de practicar unha «política demagóxica de ataques aos empregados públicos», con medidas como o control do consumo telefónico e o reforzo da inspección para comprobar que as baixas por incapacidade temporal se axustan á realidade.
Nun comunicado, o colectivo demanda a rectificación desa política. Asegura que a telefonía está contratada con tarifa plana mensual e que as comunicacións internas son gratuítas, polo que «ningún empregado pode incrementar o custo do servizo». Sobre o absentismo, sostén que «a taxa é igual que non sector privado, e mesmo ás baixas derivados de accidentes laborais e enfermidades profesionais son menores». Acusan de «indignante» a actitude de Feijoo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript