xuño de 2011
 
 

27/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O límite de gasto para o 2012 diminúe un 3,8% para reducir o déficit

O pasado día 23 de xuño quedou constituída a Comisión Negociadora do IV Convenio Colectivo de PAS Laboral formada, de xeito paritario, entre a Xerencia e o Comité de Empresa.

 

  • Noticias relacionadas

 

O Consello de Ministros aprobou unha redución do 3,8% no teito de gasto para os presupostos xerais do Estado de 2012, ata os 117.353 millóns de euros, 4.669 millóns menos que nas contas deste ano.
 
Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, o vicepresidente segundo, Elena Salgado, destacou que o Goberno prevé uns ingresos de 127.852 millóns, fronte a uns gastos de 47.157 millóns.
 
Desa cifra, 8.875 millóns corresponden ao axuste da contabilidade nacional e os 38.282 millóns restantes ao financiamento das administracións territoriais.
 
Hai que ter en conta para cadrar o límite de gasto anunciado hoxe que o Goberno prevé un déficit para o próximo exercicio de 36.657 millóns, o 3,2% do Produto Interior Bruto (PIB).
 
Segundo Salgado, os ingresos poderían crecer entre 3.000 e 4.000 millóns de euros adicionais con respecto ao presupostado debido á mellora da economía, que podería permitir ás empresas ir liquidando os seus pagamentos aprazados de IVE.
 
Ademais, descartou unha nova suba de impostos, así como unha redución dos salarios públicos.
 
En canto ao gasto dos ministerios, incidiu en que o recorte neste ámbito será superior ao 3,8%.
 
Por outra parte, como consecuencia da liquidación de ingresos 2008 e 2009, as comunidades autónomas recibirán o ano próximo 7.900 millóns de euros, que Salgado confiou que se dediquen a servizos básicos fundamentais como educación e sanidade, aínda que recordou que se trata da responsabilidade dos gobernos rexionais.
 
Pola súa banda, as entidades locais recibirán 2.300 millóns, que segundo a ministra de Economía poderían ser utilizados para reducir a «alta morosidade» que prexudica sobre todo ás pemes, recordou.
 
No que se refire aos ingresos, as previsións do goberno, non deixan de ser como o conto da leiteira, simplemente previsións contando cunha previsión da evolución económica dun xeito positivo, cando os indicadores non van exactamente por ese camiño.
 
Aínda con esas previsións optimistas a decisión do recorte está tomada e, como dixemos, será especialmente grave e prexudicial para as economías máis depauperadas.

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript