Número 89 - 27 de xuño de 2011
 
 
ÚLTIMA HORA: NOVA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO (o 30 de xuño)
A XUNTA PRIVATIZA A RESIDENCIA UNIVERSITARIA

    Mentres que a Comunidade Universitaria se esforza en dar unha resposta conxunta á privatización da residencia universitaria, o conselleiro do grupo Inditex, Banco Galego, pregoeiro da Semana Santa de Viveiro e presidente do Consello Social (Wikipedia) vai ao seu ritmo e pola vía que marca a Xunta de Galicia.
     
    «O sistema de concesión, que non é necesariamente malo; é perfectamente posible, pero sempre tendo en conta as condicións que se establezan nesa concesión».

O 15 M POLA FOLGA XERAL

    Centenares de miles de persoas manifestáronse o pasado 19 X contra os intentos de que a crise a paguemos entre tod@s. O clamor e a indignación contra as políticas actuais é máis forte que nunca.
     
    O seguinte paso debe ser a convocatoria dunha folga xeral por parte de todos os sindicatos para frear os recortes dos dereitos sociais e laborais que estamos padecendo. Xa non hai escusas para non convocala!.
     
    Queremos unha folga xeral de todos e todas! Non aos recortes e aos axustes! Levemos a indignación aos centros de traballo!.

UNIVERSIDADE - PAS LABORAL

    O pasado día 23 de xuño quedou constituída a Comisión Negociadora do IV Convenio Colectivo de PAS Laboral formada, de xeito paritario, entre a Xerencia e o Comité de Empresa.

UNIVERSIDADE

    Mentres que a Universidade da Coruña ten paralizada boa parte da súa xestión á espera da decisión da Xunta sobre o “Plan de Sustentabilidade” a Universidade de Vigo segue á procura de ingresos que lle posibiliten o exercicio da súa función.
     
    Mentres que, segundo a Xerencia a Universidade da Coruña recibe o 100% do seu orzamento da Xunta, a Universidade de Vigo agarda que se cumpra o compromiso de que este financiamento chegue ao 65% do gasto.

CUT - XORNADA CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL

    O contexto histórico actual do capitalismo impón medidas económicas, políticas e represivas de carácter global, a única diferenza apreciábel está na graduación desas medidas; que varía en función do marco xeográfico onde se aplican. As nacións sen estado quedan pois sometidas a unha dobre represión: a de clase e a do imperialismo

CRTVG

    O comité de empresa da Televisión de Galicia dirixiuse á dirección de informativos da canle pública para expresar o seu “profundo malestar” coa que consideran “manipulación executada” en diversos programas informativos, un fenómeno que, aseguran, tivo episodios “especialmente rechamantes nos últimos meses”.

LABORAL

    O FMI, eses visionarios, eses cualificados “técnicos” que no ano 2008 prevían para o Estado español un crecemento do 3,4% que despois, naturalmente, tiveron que ir reducindo seguen coa súa presión para que se adopten as medias neoliberais máis radicais.

INDIGNADOS

Mensaxe de Anonymous aos medios de comunicación


    Vídeo no que o grupo Anonymous denuncia a actuación dos medios de comunicación.

LÍNGUA

    No cartel anunciador dunha pasarela de moda na que colabora a institución municipal, o goberno local optou por modificar a imaxe corporativa do municipio, engadíndolle ao logotipo oficial a castelanización do nome da cidade.

DESASTRE NUCLEAR

    [Dahr Jamail] "Fukushima é a pior catástrofe industrial da história da humanidade", disse Arnold Gundersen, ex-executivo da indústria nuclear, à rede de televisão Al Jazeera

OS POLITICOS

    Fernández de la Vega duplica o seu soldo e pasa a cobrar 142.367 euros anuais. A catro anos de retirarse garántese percibir máis de dez veces a pensión mínima de por vida.

    
  •   
 
 CONSELLO DE MINISTROS - ORZAMENTOS 2012
    Os orzamentos serán de 117.353 millóns de euros, o que supón unha diminución de 4.669 millóns. Xa vos podedes facer unha idea onde se van facer os recortes. De novo os sectores máis desfavorecidos serán os que se verán afectados polos recortes, sen dúbida sanidade, educación e servizos á cidadanía serán os que verán a tesoira.
 FEMINISMO - "Anteproxecto da Lei de Apoio á Familia e á Convivencia"
    A Plataforma de Organizações Feministas fan um chamado, uma convocatória aberta a todos os coletivos de mulheres e a toda a cidadania para que acoda o dia 28 de Junho desde as 16.00h diante do Parlamento da Galiza, até que remate o debate para mostrar a nossa indignação e rechaço contra a Lei Família.
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Acusan á Xunta de practicar unha «política demagóxica de ataques aos empregados públicos», con medidas como o control do consumo telefónico e o reforzo da inspección para comprobar que as baixas por incapacidade temporal se axustan á realidade.
 PARA ISTO TAMÉN HAI DIÑEIRO
    Máis dun centenar de sacerdotes critican nun documento público a alianza entre a Igrexa e o poder económico e político para financiar a Xornada Mundial da Xuventude, e critican o seu elevado custo, que cualifican de "escándalo social"
 ESTADO ESPAÑOL
    A riqueza per cápita dos cidadáns do Estado volveu caer en 2010 como consecuencia da crise económica e situouse sete puntos por debaixo da media da eurozona e só un punto por enriba da media comunitaria, segundo a primeira estimación publicada este martes pola oficina estatística comunitaria, Eurostat.
 ECOLOXÍA
    Endesa que será xulgada por desecar 3,4 quilómetros de canle do Eume, planea verter ao río Eume toneladas de lamas contaminadas que se acumulan no fondo do encoro da Capela dende 1960. É parte do "proxecto ambiental" que a compañía eléctrica lle remitiu á Xunta co pretexto de "modernizar o desaugue de fondo da presa" "As probas de desaugue terán efectos negativos entre moderados e severos".
 CRISE - Artigo de Isaac Rosa
    A ver se o entendín, que son un pouco lento: resulta que o futuro da zona euro e das economías europeas depende de que o parlamento grego aprobe un novo plan de axuste máis drástico que os anteriores, para así activar o segundo rescate?.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

     

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

    Día 29 reunión do Comité:
    Elaboración do proxecto de novo Convenio Colectivo

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript