27/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O FMI esixe ao Estado español unha reforma laboral máis ´ valente ´ que abarate o despedimento
O FMI, eses visionarios, eses cualificados “técnicos” que no ano 2008 prevían para o Estado español un crecemento do 3,4% que despois, naturalmente, tiveron que ir reducindo seguen coa súa presión para que se adopten as medias neoliberais máis radicais.
O Fondo Monetario Internacional (FMI)
considera que o Reino de España tomou no último ano
medidas na dirección correcta para engancharse á
recuperación e actuar sobre os problemas
estruturais da súa economía. Pero os economistas da
institución multilateral alertan de que o paro
segue "inaceptablemente alto" e que son necesarias
reformas laborais "valentes". O FMI suxire cambios
que estiveron en boca da patronal durante o último
ano: abaratar o despedimento, desligar as subas
salariais da inflación e aumentar a flexibilidade
nos convenios.
O Fondo publicou onte o seu informe coa revisión
periódica da economía española no que dá a entender
que os cambios xa aplicados e os que están en
pendes non son o suficientemente profundos. O FMI
detalla que unha reforma "máis valente" require que
os custos de despedimento sexan máis baixos,
similares á media da Unión Europea. Unha esixencia
que comparte o presidente da CEOE, Juan Rosell, que
onte volveu solicitar un contrato único con
despedimento barato (20 días de indemnización por
ano traballado) e destacou que o "gran drama dos
últimos tres anos" é a desaparición de 250.000
empresas xa que "sen empresas é matematicamente
imposible que se volva crear emprego".
O FMI anticípase ademais para os posibles efectos
da reforma da negociación colectiva recén impulsada
polo Goberno e suxire que, se os cambios non logran
de forma "rápida e clara" a flexibilidade
perseguida para as empresas, será necesario aprobar
"unha reforma máis radical". A vinculación entre
salarios e inflación, engade o FMI aliñándose cos
empresarios, tamén é nociva para a competitividade
da economía nacional.
O organismo que dirixe John Lipsky temporalmente
-tras a dimisión de Strauss Kahn- insta tamén ao
Estado a completar a reforma do sector financeiro, e
a avanzar na consolidación fiscal. O FMI considera
"alcanzable" o obxectivo dun déficit do 6% do PIB
para o 2011, pero alerta de que se os riscos a
curto prazo se materializan, poderían ser
necesarias "medidas adicionais". O Fondo estima que
o principal risco é que varios dos Gobernos
autonómicos poidan novamente incumprir os seus
obxectivos de déficit.
O gobernador do Banco de España, Miguel Ángel
Fernández Ordóñez, sumouse ás esixencias do FMI e
solicitou ás comunidades que reconduzan "con
firmeza" as súas políticas de gasto e que o Goberno
central sexa máis duro e estrito nas regras que
impiden aumentar o endebedamento daquelas
autonomías que incumpren os obxectivos de déficit.
Tamén pediu "maior transparencia" sobre a
información presupostaria das comunidades para
"disipar as dúbidas". Fernández Ordóñez destacou
que o xiro económico do Goberno evitou "que España
tivese que pedir o rescate", aínda que segue
sometida a unha vixilancia "moi estrita" por parte
dos mercados.
Cae a renda per cápita
As políticas recomendadas polas quenllas
neoliberais veñen tendo efectos desde fai tempo.
Os chamamentos a abordar novas reformas para elevar
o potencial de crecemento do Estado coincidiron coa
divulgación de datos da oficina estatística da
Unión Europea segundo os cales o proceso de
converxencia de España cos países máis avanzados de
Europa sufriu un novo revés en 2010, mentres que
Alemaña xa recuperou o nivel de riqueza anterior á
crise.
O Produto Interior Bruto (PIB) por habitante do
Estado creceu un 1,8% o pasado ano, 440 euros máis,
ata alcanzar os 24.741 euros. Este aumento é
inferior ao que experimentou a media da UE (+3,8%,
en torno a 905 euros máis), polo que España
retrocede dous puntos en termos relativos, do 103%
ao 101%, se ben segue situándose por enriba da
media europea e tamén por diante de Italia, algo
que non acontecía dende o ano 2007.
O balance do Estado, non obstante, é inferior en
sete puntos á media da zona euro, xa que a riqueza
por habitante dos países da Eurozona só caeu un
punto, do 109% en 2007 ao 108% en 2010.
Como xa é habitual na toma de decisións
políticas todas afectan negativamente aos mesmos, á
clase obreira. Todo por e para os bancos e a
oligarquía. Cada día máis razóns de indignación
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript