27/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Fernández de la Vega pasa a cobrar 142.367 euros anuais
Fernández de la Vega duplica o seu soldo e pasa a cobrar 142.367 euros anuais. A catro anos de retirarse garántese percibir máis de dez veces a pensión mínima de por vida.
A partir de agora De la Vega pasará de
ingresar 73.486 euros brutos anuais a alcanzar os
142.367. Esta substancial mellora nas retribucións
da ex política é consecuencia de que durante dous
anos percibirá dous soldos: 83.578 euros como
membro do Consello de Estado e o 80% do seu salario
como vicepresidente do Goberno, como indemnización
por cesar no cargo (58.789 euros). En termos
comparativos, a retirada da política proporcionará
a De la Vega 18 veces a pensión mínima, que é
actualmente de 7.744 euros.
Prorrateando as pagas extraordinarias a 12 meses, a
política socialdemócrata ingresará 11.803 euros
mensuais, mentres que os que reciben a pensión
mínima só alcanzan os 645 euros.
Ademais, de cara ao futuro, a ex vicepresidente
conseguiu, mediante o seu novo cargo no Consello de
Estado, que o seu soldo sexa, para o resto da súa
vida, 10 veces superior ao dos que cobran a pensión
mínima no Estado español e máis do dobre dos que
cobran o máximo establecido pola lei.
De la Vega foi vicepresidente do primeiro Executivo
da historia da democracia que baixou o soldo aos
traballadores/as da Administración. Estas medidas económicas non só
supuxeron recortes salariais para os empregados
públicos senón que tamén implicaron a
conxelación das pensións.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript