xuño de 2011
 
 

27/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Máis de cen curas de Madrid critican o custo da visita do Papa en agosto

Máis dun centenar de sacerdotes critican nun documento público a alianza entre a Igrexa e o poder económico e político para financiar a Xornada Mundial da Xuventude, e critican o seu elevado custo, que cualifican de "escándalo social"

 

  • Noticias relacionadas

 

Constituídos no denominado Foro de Curas de Madrid, son 120 sacerdotes doutras tantas parroquias madrileñas que quixeron expresar unha voz crítica dentro da propia Igrexa. Non se opoñen á visita do Papa nin á Xornada Mundial da Xuventude, que terá lugar na capital a terceira semana de agosto, pero si ao modo en que a xerarquía eclesiástica está a promover e financia esa cita.
 
Nun documento titulado "Os Mecenas de Rouco", o Foro censura a alianza entre o cardeal de Madrid e as grandes empresas do IBEX 35 que, a través da Fundación Madrid Vivo colaboran na Xornada Mundial da Xuventude. "Ese pacto coas forzas económicas e políticas reforza a imaxe da Igrexa como institución privilexiada e próxima ao poder, co escándalo social que iso supón, particularmente nas circunstancias actuais", sinala o documento.
 
Os asinantes, que remitiron este documento ao cardeal Rouco, censuran o alto custo da Xornada cifrado en 50 millóns de euros, e acusan á Igrexa de aliarse co poder económico responsable en boa medida da crise, mediante o patrocinio de grandes empresas que obteñen grandes beneficios fiscais a cambio desa colaboración.
 
Os integrantes do Foro de Curas de Madrid lamentan tamén que non se tivese en conta á Igrexa de base e ás parroquias madrileñas de cara a esta visita, salvo para cuestións prácticas de aloxamento e cesión de aseos e duchas, 800 colexios e institutos públicos madrileños converteranse este agosto en improvisados albergues para os miles de peregrinos que se esperan pola visita do Papa. Os turistas relixiosos terán cama gratis pola graza de deus, e tamén por obra e graza do Goberno, da Comunidade de Madrid e do Concello. O otrora laicista Zapatero, a suposta liberal Aguirre e o teórico moderado Gallardón déronse a man á fin en algo: asinar un xeneroso convenio coa Igrexa Católica que para si xa quixeran os organizadores doutros happenings capitalinos, como o Orgullo Gay ou o Festimad. O acordo non só implica prestar os colexios -e pagar os soldos dos bedeis que terán que traballar en agosto-. Tamén inclúe descontos fiscais, a cesión gratuíta do Pazo dos Deportes e do aeródromo de Catro Ventos e mesmo un bono transporte a prezo reducido.

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript