xuño de 2011
 
 

27/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Constituída a Comisión Negociadora do IV Convenio Colectivo

O pasado día 23 de xuño quedou constituída a Comisión Negociadora do IV Convenio Colectivo de PAS Laboral formada, de xeito paritario, entre a Xerencia e o Comité de Empresa.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nesta primeira reunión acordouse tomar como base da negociación o Convenio vixente ao que se lle farán as modificacións, que se pacten.
A próxima reunión da Mesa Negociadora quedou fixada para o martes 12 de xullo.
 
O Comité de empresa abre un período de tempo para que o/a interesado/a faga as aportacións que considere oportunas para a confección do anteproxecto de negociación. Nun prazo o máis curto posible procederemos a enviarvos o proxecto de negociación para que o avaliedes.
 
O Comité de Empresa reunirase o vindeiro mércores día 29, ás 09:45 horas, na Reitoría para proceder ao estudo e elaboración do proxecto de Convenio.
 
Na negociación do III Convenio tomárase a decisión de axilizar a negociación da parte normativa coa finalidade de establecer criterios para posibilitar a convocatoria dos concurso oposición nunhas condicións excepcionais. Corresponde polo tanto, entre outras cousas, negociar con máis precisión aquelas partes que pola circunstancia sinalada quedaron aparcadas naquel momento.
 
Nesa mesma xuntanza do día 23 reclamámoslle, de novo, a RPT e ir adiantando a fase de negociación sobre a Transitoria II, para proceder á súa execución inmediatamente despois de ser aprobada a RPT. A universidade foi, unha vez máis, explícita e tallante nestes apartados, até que a Xunta consolide o orzamento non vai a enviarlle ao Comité para o informe preceptivo nin a RPT nin vai a iniciar ningún proceso de negociación sobre a aplicación da Transitoria.

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript