Agosto de 2010
 
 

27/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Sr. Armesto. Quérolle facer unhas consideracións:
- En canto á transparencia: Indígname, máis do que estou, o seu descaro cando fala deste tema. Por ejemplo non sabemos nada de onde se empreñan as partidas de cartos reservados para o desenvolvemento da tan mareada Transitoria segunda.
Incumpre os Estatutos ao non publicar unha nova RPT, porque vostede está no equipo de goberno.
- En canto ao diálogo: utiliza métodos que rozan etapas anteriores de infausto recordo, coa súas formas, cando se pecharon dous compañeros na rectoría por mor da defensa dos dereitos laborais de todos.
- En canto á participación. Se é como a de agora apaga e Ímonos.
Isto dígoo como militante do BNG e como traballador da UDC.
Hai que quitar a careta. Fraco favor lle fas ao nacionalismo galego

 

Sobre as primeiras propostas de Cospedal
Cospedal fixo as súas primeiras declaracións afirmando que había moitos organismos duplicados. Non podería estar máis de acordo. Tamén me sorprendeu cando afirmou que o seu primeiro, o seu segundo e o seu terceiro obxectivo prioritario era eliminar o paro.
Non obstante, non manifestou nada en relación a con cantos soldos ía quedar, pois, que saibamos, actualmente ten tres soldos recoñecidos que suman un montante duns 240.000 euros anuais. Ao parecer, vai seguir de secretaria xeral do PP. Vai cobrar polos dous cargos ou vai renunciar a algún deles? Ela manifesta que o motivo da queixa é unha cuestión machista, pero non; non é lícito nin xusto que un político cobre por varios cargos á vez. Ademais, estes deberían ser de dedicación exclusiva. Botei en falta no seu discurso que dixera se se vai rebaixar o seu soldo e o do resto dos políticos e asesores que roldarán no Goberno de Castela-A Mancha. Señora Cospedal, deixe de aplicarse a lei do embude: o ancho para min e o estreito para os demais.

 

Problemas de proletarios
O presidente da CEOE pregúntase que ten que ver o prezo dos carburantes coa revisión salarial. Señor Rosell, parécese a iso que deben sentir algúns empresarios cando ven subir o prezo dos bolsos Louis Vuitton ou o custo do amarre do iate en Sotogrande, e que lles impulsa a aumentar os seus bonus e retribucións.
Ben, pois parecido desacougo, salvando as distancias, é a que teñen os traballadores cando soben o transporte público, os alugueres, a matrícula da gardaría ou a factura da luz. Se non hai subidas salariais, pode que prefiramos gastar máis diñeiro en pagar a gasolina que en comprar os seus produtos. Ante a diminución das vendas, vostedes pode que envíen ao paro máis traballadores, que á súa vez deixarán de consumir... etc. Por favor, señores empresarios, cando se produza unha suba dos carburantes e do IPC, pensen se non convén que suban os soldos dos traballadores.


Imos necesitar un MIR para políticos
Expertos no tema (e niso estamos todos de acordo) aseguran que a educación constitúe un poderoso medio de acción para influír nas consecuencias sociais e económicas da crise. Debe de ser por iso precisamente que, hai uns días, o ministro Rubalcaba lanzaba unha singular proposta: crear unha especie de MIR para os profesores. Segundo as súas palabras, o obxectivo é seleccionar "os mellores" para traballar dentro do sistema e formalos na aula.
Oíndo as súas palabras, talvez nos deberiamos preguntar por que non existe aínda un MIR para os políticos, tan necesario como urxente. Desta medida poderíase deducir que acaso a formación dos profesores de agora é peor que a de hai 20 anos? Cónstame que non. É que acaso o problema do abandono escolar (un 28,4% en 2010) é debido a que non temos os "mellores" profesionais? Tampouco. Non obstante, como vén sendo habitual nestas últimas décadas, a mediocridade e o desatino político instaláronse nas políticas educativas e ano tras ano sufrimos cambios que só contribúen a desprestixiar a imaxe dos profesionais do ensino. Iso si, supoño que estes non deben ser "os mellores".



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript