xuño de 2011
 
 

20/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A maquinación e o privilexio. O goberno das universidades

O catedrático de Historia Antiga da USC, José Carlos Bermejo, critica o gran tamaño dos reitorados das universidades e denuncia que está xurdindo un "poder paralelo" no que docentes e empresas e bancos son os que maquinan

 

  • Noticias relacionadas

 

Tras o seu romanceiro dedicado a Boloña, o catedrático da USC José Carlos Bermejo retomou a prosa para meter o dedo na chaga dos vicios que aprecia, coa súa mirada sempre crítica e contracorrente, nas institucións de educación superior. A maquinación e o privilexio. O goberno das universidades é o título da súa nova obra -publicada na colección Pensamento Crítico de Akal-, que o autor presentou onte na compostelá librería Universitas. Nela, o profesor do Departamento de Historia Antiga da USC retrata unha universidade na que está xurdindo un "poder paralelo" no que profesores, axencias públicas e privadas, bancos e algunha empresa crearon sistemas de captación de fondos, dotación de prazas e creación de centros que privilexian ós que dominan o que chama arte da maquinación académica. Bermejo considera necesario pechar a Axencia Nacional de Avaliación da Calidade (Aneca) e denuncia os abusos normativos que, ó seu ver, existen na organización dos máster ou escolas de doutoramento, ou a "confusión ideolóxica e política na que se moven as universidades", e reflectida na Lei de ciencia.
 
"A universidade española ten unha incapacidade notoria de gobernarse a si mesma", expón o profesor, que propón para ela unha reforma lexislativa integral, unha redución "drástica" dos seus equipos de goberno e reconducir o propio goberno cara ás facultades. "Hai que reducir os equipos reitorais, ao mellor chegaba con que houbese catro vicerreitores", prosegue. As súas dimensións adoitan ser moito maiores: o goberno da USC ten 11; a Universidade de Vigo, 10 e a da Coruña outros 10 vicerreitores. No Estado son 105.034 profesores. O goberno da universidade sempre quere máis cartos e máis prazas. É demencial", exclama. O catedrático tamén se detén na Lei de ciencia, outra mostra da "polinormatividade transversal" que lle diagnostica á universidade. Á súa autora intelectual, a ministra de Ciencia, Cristina Garmendia, cúlpaa de intentar trasladar ós campus non o mellor do mundo da empresa, senón o peor: "a xerga baleira da xestión e o control polo control que, no caso da universidade, se converte nun proceso burocrático e sen transcendencia real" porque, recorda Bermejo, as universidades públicas están á marxe do mercado.
 
Galicia Hoxe.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript