xuño de 2011
 
 

20/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Un de cada tres cidadáns do Estado non come o mesmo que hai dous anos pola crise

O 33% dos cidadáns do Estado cambiou a súa dieta por motivos económicos nos últimos dous anos segundo unha enquisa realizada por Intermón Oxfam no Estado e outros 16 países, no marco da campaña mundial Crece, que busca asegurar que todas as persoas teñan sempre suficiente para comer.

 

  • Noticias relacionadas

 

Por outra parte, o informe revela que o aumento do prezo dos alimentos preocupa a sete de cada dez españois, mentres que no resto de países a proporción é de seis por cada dez. En países en desenvolvemento como Tanzania e Kenya, unha de cada dous persoas afirma que non ten suficiente para comer a diario, mentres que a proporción é do 6% nos países desenvolvidos como o Reino Unido, Alemaña, Australia ou EUA e do 5% en España.
 
A escala global o 43% das persoas sinalou como maior preocupación que os alimentos sexan nutritivos e saudables. Non obstante, nos países máis pobres a maior preocupación é o acceso aos alimentos: para o 57% dos enquisados en Kenya e o 45% dos de Tanzania.
 
A directora xeral de Intermón Oxfam, Ariane Arpa afirmou onte que "unha gran cantidade de persoas, especialmente nos países máis pobres do mundo, están a reducir a cantidade ou a calidade dos alimentos que consumen polo aumento do prezo.
 
Por esta razón, a responsable desta ONG detalla que "os líderes mundiais, especialmente os do G20, deben actuar agora para arranxar o sistema alimentario, que non funciona; regular os mercados de materias primas; reformar as políticas de biocombustibles para manter os prezos dos alimentos baixo control e investir nos pequenos produtores nos países máis pobres e axudalos a adaptarse ao clima cambiante".

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript