xuño de 2011
 
 

20/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O Banco de España calcula que a pensión será un 5% máis baixa tras a reforma

A realidade empéñase en aflorar. Os sindicatos gobernamentais que presumían que o pensionazo non lesionaba os intereses dos traballadores e traballadoras veñen de recibir unha patada máis. O Banco de España da a razón aos que, no seu momento, denunciaban que o acordo sobre pensións tería unha repercusión moi negativa sobre unha prestación xa, na nosa nación, raquítica.

 

 

Aínda así disentimos cos cálculos interesados do Banco de España. Os traballadores coa aplicación de alongar a vida laboral ata os 67 anos perdemos aproximadamente un 10% e subindo de 15 a 25 anos para o cálculo da pensión pérdese outro 10% a razón de 1% cada ano, é dicir con este "grande acordo", os traballadores perderemos ao redor dun 20% respecto da situación actual. O obxectivo é que a maioría dos traballadores cobren unha pensión pública mínima de subsistencia, xa que do mercado de traballo se entra e se sae continuamente polas facilidades que se lles concederon aos empresarios para despedir. Pero aínda hai máis, o chamado factor de sostibilidade significa que a partir de 2027 cada 5 anos se revisará a actual reforma, para no caso de que non lles saian as contas volver incrementar anos e reducir as prestacións. E todo a cambio de nada.
 
Fronte ao, no seu momento asinado e agora en tramitación, entendemos que a única receita que fará posible a sostibilidade deste sistema de pensións pasa pola creación de emprego de calidade, con mellores salarios que permitan mellores cotizacións e cunha política fiscal que obrigue a pagar máis aos que máis teñen, que son os responsables sinalados da crise.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript