20/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Manifesto lido ao remate da manifestación
UNHA VEZ MÁIS, os gobernantes europeos fan súa unha política enganosa para o cidadán para beneficiar ás grandes corporacións financeiras e non defender
á cidadanía.
O próximo 27 de xuño, todos os gobernos europeos, entre eles o Estado español, asinan en Bruxelas o grande atraco socioeconómico de alcance internacional: o chamado Pacto do Euro, polo cal os políticos da Unión Europea se poñen de acordo para lexislar ás ordes do Fondo Monetario Internacional (FMI), Banco Central Europeo (BCE) e o Banco Mundial (BM)..
No caso de non cumprir estas ordes, as
axencias de cualificación que levaron a Grecia,
Irlanda ou Portugal á ruína (Moody ´ s, Estándar &
Poor ´ s ou Fitch) comezarán de novo os seus
ataques.
Que se asina e cando se ratifica o Pacto do Euro?
-Os salarios do sector público deberán estar en
consonancia coa competitividade do sector privado,
É DICIR: novos recortes ao sector público que debe
ofrecer os mesmos beneficios que os salarios
irrisorios do sector privado e o aumento das
xornadas laborais. Incluída a diminución notable
dos empregados públicos.
-Para iso, todos os países deberán axustar as súas
leis ao que diten os bancos, É DICIR: unha vez máis
os países non lexislarán a favor da protección e
dos intereses do cidadán e si o farán a favor das
grandes corporacións bancarias e os mercados.
-Atrasaranse as idades de xubilación en todos os
países acorde coa esperanza de vida.
-Fomento da competitividade: vincular os salarios
coa produtividade, tal e como empezou a conseguir
xa no Estado español a última reforma laboral que
avoga por flexibilizar os despedimentos, convenios
e contratos. Desta forma ponse en perigo o actual
sistema de negociación colectiva.
-Impulsar o despedimento barato e as Empresas de
Traballo Temporal (ETT). Os bancos rebaixarán a
fiscalidade para incentivar a contratación dos
traballadores. Deste xeito irase demolendo o
sistema da Seguridade Social e irase introducindo a
figura do "bolseiro e do precario perpetuo".
- Conxelación de todas as pensións.
-Redución de axudas sociais.
-Redución dos sistemas de protección social,
empeorando a Seguridade Social.
-Redución do gasto en educación pública de forma
que, empeorándoa, se promova e se favoreza a súa
privatización.
-Aumento de impostos directos e indirectos á
cidadanía e á PEME e penalización en caso de non
cumprir co pagamento destes impostos a través de
multas, intereses, comisións, etc.
-Cambios na nosa constitución e na dos países
asinantes co fin de axustar a economía segundo os
parámetros do FMI, BCE e Banco Mundial", coa
conseguinte perda da soberanía dos pobos.
UNHA VEZ MÁIS, os gobernos non utilizan o poder
político para lexislar e frear os provocadores da
crise como a banca internacional e os grandes
fondos especulativos, por exemplo, intervindo ás
corporacións financeiras, senón que ademais coa
sinatura do Pacto do Euro reforzarán ás grandes
corporacións financeiras e adoptarán políticas que
interesan á banca e ás grandes empresas europeas.
Como non tiñamos bastante, todos os gobernos
independentemente da súa cor política, asinan para
comprometerse coas grandes corporacións financeiras
e sacrificar, así, os cidadáns permitindo UNHA VEZ
MÁIS que os financeiros sigan estafando ao mundo
utilizando produtos financeiros tan sofisticados
como arriscados e fraudulentos, permitindo a usura
bancaria.
Baixo o engano de facer fronte á débeda que atenaza
a Europa é preciso aumentar a competitividade das
economías nacionais e que iso só se pode conseguir
reducindo o custo do traballo... UNHA VEZ MÁIS
Segue sen falarse de intervir aos paraísos fiscais
onde descansan as grandes fortunas e facer leis
contra a evasión fiscal. Segue sen falarse de poñer
impostos ás transaccións financeiras, regular as
axencias de cualificación, etc. Sigue sen falarse
de medidas contra o paro e a favor do benestar
social.
Segue sen formularse unha auditoría pública e
independente sobre a débeda para os efectos de que
a cidadanía poida saber que é realmente a débeda
pública e cal é a que realmente corresponde aos
bancos e aos fondos de investimento privados que
segundo os datos que temos é a maioría da DÉBEDA.
UNHA VEZ MÁIS, sérvennos en bandexa o
empobrecemento da sociedade en beneficio de ampliar
as grandes fortunas e acentuar a brecha social.
Desa forma, ampliarase así, UNHA VEZ MÁIS, o récord
histórico do beneficio das grandes corporacións
financeiras, aumentarase o récord histórico dos
salarios dos conselleiros delegados e executivos e
con iso alcanzaremos récords históricos de pobreza
e paro.
A dificultade de acceder a esta información débese
á falta de transparencia das políticas e ao temor a
que toda Europa tome a rúa.
HAI RAZÓNS, UNHA VEZ MÁIS, TOMA A RÚA.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript