xuño de 2011
 
 

20/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

PP e PSOE aproban a lei de control orzamentario

A Lei de disciplina orzamentaria e sostibilidade financeira, que limitará o teito de gasto aprobouse coa finalidade de reducir a débeda autonómica, seguro que terá efectos sobre o orzamento da Universidade e. polo tanto, sobre o presuposto destinado ao PAS. O feito de limitar indiscriminadamente o teito do gasto non deixa de ser unha medida máis das tomadas que pode repercutir negativamente en esferas esenciais do mantemento dos servizos públicos e do estado de benestar.

 

  • Noticias relacionadas

 

O único obxectivo da "urxencia" á hora de tramitar esta lei é que Galicia se converta "na primeira comunidade" en impulsar unha norma deste tipo.
 
Segundo o PSOE, a única novidade real que incorpora a normativa é que, cando se supere a previsión de crecemento económico do 2,5 por cento, os recursos sobrantes deberán ser destinados a reducir a débeda autonómica. Dificilmente Galicia alcanzará esta porcentaxe de crecemento no que queda de lexislatura, polo que a súa incidencia será "cero".
 
A nova norma non se preocupa do crecemento económico nin da xeración de emprego, ao tempo que reduce o papel do Goberno autonómico ao de "mero espectador", extremo co que discrepa absolutamente o BNG. "Non estamos de acordo en poñer as políticas económicas que debe desenvolver a Xunta ao único servizo do déficit nin en condenar a Galicia a peores servizos públicos", esgrimiu.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript