Número 88 - 20 de xuño de 2011
 
 
A XUNTA PRIVATIZA A RESIDENCIA UNIVERSITARIA

    O modelo elixido pola Xunta hipotecará durante varios anos (os da concesión) a poboación, para pagar o aluguer da residencia que non será pública, senón propiedade dunha empresa privada.
     
    A Xunta parece que utilizará para a residencia universitaria o mesmo método que para a apertura dos novos hospitais como Concesións de Obra Pública (deste xeito a Xunta cumpre o compromiso de facer a residencia pero a un custo económico e social elevadísimo), este método supón que a propiedade destes pertencerá ás empresas privadas concesionarias durante un período de "X" anos, pagando a Comunidade un canon anual polo seu uso.

UNIVERSIDADE

    O catedrático de Historia Antiga da USC, José Carlos Bermejo, critica o gran tamaño dos reitorados das universidades e denuncia que está xurdindo un "poder paralelo" no que docentes e empresas e bancos son os que maquinan.

19 X - CONTRA O PACTO DO EURO

    UNHA VEZ MÁIS, os gobernantes europeos fan súa unha política enganosa para o cidadán para beneficiar ás grandes corporacións financeiras e non defender á cidadanía.
     
    O próximo 27 de xuño, todos os gobernos europeos, entre eles o Estado español, asinan en Bruxelas o grande atraco socioeconómico de alcance internacional: o chamado Pacto do Euro, polo cal os políticos da Unión Europea se poñen de acordo para lexislar ás ordes do Fondo Monetario Internacional (FMI), Banco Central Europeo (BCE) e o Banco Mundial (BM).

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Considera que non se vulneran dereitos fundamentais como o de negociación colectiva ou o de igualdade.
     
    Os maxistrados aseguran que o dereito á negociación colectiva non impide que un convenio sexa modificado por unha norma con rango de lei. "É o convenio colectivo o que debe respectar e someterse non só á lei formal, senón, máis xenericamente, ás normas de maior rango xerárquico e non ao contrario".

LABORAL

    Todo atado e ben atado. O secretario de Estado de Economía, José Manuel Campa, defendeu que "sería un grande éxito da economía española" vincular cada vez máis salarios e produtividade, e recordou que o novo sistema de negociación colectiva "abre unha brecha para avanzar nesa liña"

ECONOMÍA - INDÍGNATE

    Segundo Financial Times o ano pasado, a retribución media dos máximos responsables dos 15 maiores bancos europeos e estadounidenses aumentou un 36%, ata 9,7 millóns de dólares (uns 6,8 millóns de euros). Ese incremento contrasta coa discreta evolución das ganancias desas mesmas entidades, que só creceron un 2,9%.

INDIGNADOS

    O vídeo denuncia a presenza de policías de paisano infiltrados entre os 'indignados' que se concentraban ante o Parlament e que, segundo esta gravación, provocaron os incidentes co obxecto de xustificar a posterior actuación dos Mossos d´Esquadra.

FESTIVAL REIVINDICATIVO

    Xa está pechado o cartel do II Festival da Cultura Proletaria que se celebrará o sábado 25 de Xuño en Cangas.
     
    No apartado poético estarán: Méndez Ferrín, Xabier Cordal, Chus Pato e Xiana Arias.

LABORAL

    A CUT denuncia que o traballador e as dúas traballadoras afectadas están a ser represaliados por redactar un documento que foi empregado en diversos xuízos en defensa dos compañeiros a compañeiras que foron trasladados ou despedidos tras o peche das delegacións de Ferrol, Pontevedra, Burela, Porto e Bruxelas que se produciu o 30 de novembro pasado.

OS POLITICOS

    Angel Acebes deixou o Congreso, que non a política. Interveu ante a cámara cinco veces en tres anos, non deu entrevistas, non montou bulla nin fixo apenas declaracións públicas. En 2010, gañou o premio ao deputado descoñecido da Asociación de Xornalistas Parlamentarios.

    
  •   
 
 XUNTA - ORZAMENTOS
    A Lei de disciplina orzamentaria e sostibilidade financeira, que limitará o teito de gasto aprobouse coa finalidade de reducir a débeda autonómica, seguro que terá efectos sobre o orzamento da Universidade e. polo tanto, sobre o presuposto destinado ao PAS. O feito de limitar indiscriminadamente o teito do gasto non deixa de ser unha medida máis das tomadas que pode repercutir negativamente en esferas esenciais do mantemento dos servizos públicos e do estado de benestar.
 LABORAL -UNHA PATADA PARA OS SINDICATOS GOBERNAMENTAIS
    A realidade empéñase en aflorar. Os sindicatos gobernamentais que presumían que o pensionazo non lesionaba os intereses dos traballadores e traballadoras veñen de recibir unha patada máis. O Banco de España da a razón aos que, no seu momento, denunciaban que o acordo sobre pensións tería unha repercusión moi negativa sobre unha prestación xa, na nosa nación, raquítica.
 ECONOMÍA - XULGADOS
    A Audiencia Nacional admitiu a trámite unha denuncia da Fiscalía Anticorrupción contra o presidente do Banco Santander.
     
    O sr. Botín ese patriota que reiteradamente reclama máis financiamento para a banca, a culpable da crise, e máis recortes para traballadores/as ven de ser encausado por posibles delitos de fraude fiscal e falsidade documental.
 CRISE - INTERMON OXFAM
    O 33% dos cidadáns do Estado cambiou a súa dieta por motivos económicos nos últimos dous anos segundo unha enquisa realizada por Intermón Oxfam no Estado e outros 16 países, no marco da campaña mundial Crece, que busca asegurar que todas as persoas teñan sempre suficiente para comer.
 LINGUA - CONCELLO DA CORUÑA
    A Mesa constata con preocupación como Carlos Negreira inicia a súa andaina á frente da alcaldía da Coruña incumprindo a Lei de Normalización Lingüística. Logo de o novo rexedor tomar posesión do seu cargo o pasado sábado, a primeira noticia publicada na páxina web oficial do Concello herculino recupera o uso da forma deturpada do topónimo da cidade *La Coruña, tal e como se pode comprobar na versión en castelán e en inglés do sitio web municipal.
 CRISE
    Mentres que o Financial Times publicaba que os principais banqueiros do mundo gañaron de media un 36 % máis no 2010, a banca patriótica facía o seu enésimo chamamento á cidadanía para que se aperte o cinto como única receita eficaz para saír da pertinaz crise.
 INDIGNADOS - Artigo de Isaac Rosa
    "Ataque á democracia". "Democracia secuestrada". "En defensa da democracia". Lendo os titulares e editoriais da maioría de xornais o xoves, e oíndo tertulianos e dirixentes políticos, calquera diría que Tejero volveu entrar no Congreso. Pero non, non houbo ningún intento de golpe de Estado, tranquilos.
 A LOITA OBREIRA NON É DELITO
    O venres día 24 de xuño, vai ter lugar organizada polo noso sindicato un encontro que leva como título XORNADA FRONTE A REPRESIÓN SINDICAL, na que participarán corenta cadros sindicais de todas as comarcas do país, e abordarase a represión e criminalización do sindicalismo de clase en todas as súas vertentes.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Vindeiras actuacións do Comité

    Día 23 reunión coa Xerencia:
    Constitución da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo, execución da Transitoria Segunda, RPT...

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript