Agosto de 2010
 
 

23/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


A produtividade de dentro e de fóra do Congreso
Entre a percepción de que a política ten cada vez menos peso na configuración dunha sociedade que procure maior benestar, a decepción causada pola corrupción, e a imposibilidade de alcanzar pactos de Estado, é sorprendente que a cidadanía estea desencantada cos políticos, tal como vén indicando o barómetro do CIS dende hai máis dun ano? Segundo parece, a proposta de reducir un día os plenos dos deputados tería unha repercusión moderada na actividade parlamentaria, xa que, debido á pobreza das propostas lexislativas, na práctica son poucos os xoves nos que hai sesións. Ou sexa, mentres nas rúas e nas redes sociais se orixina un furacán de inquietudes, soños e ideas orientadas a construír un mundo máis amable, no Congreso o aire está en calma. Non é na adversidade cando se agudiza o enxeño? Non hai que incrementar a produtividade?

 

O inxusto e desproporcionado afán xeneralizador
Hai quen di que, cos sucesos que tiveron lugar ante o Parlament de Catalunya, o movemento dos indignados perdeu autoridade moral. E, non obstante, eu creo que a mantén intacta.
Por que este afán de facer extensivo a todo un colectivo o comportamento inadecuado duns cantos? Non reclaman os mesmos políticos que non xeneralicemos a corrupción? Non reclaman os xornalistas que a opinión pública non xeneralice o comportamento pouco ético duns cantos que se dedican á manipulación, o insulto e a terxiversación? Non reclaman os funcionarios, os médicos, os avogados e calquera outro colectivo que non se xulgue con prexuízos a todo o gremio do que forman parte?
Que esconde, en realidade, este afán xeneralizador? Quizais proporcionar a escusa perfecta para xustificar o noso propio comportamento? Ou quizais estou a xeneralizar?

 

A enerxía nuclear non paga a pena
No último século houbo dez terremotos de intensidade maior a 8,5 e varios tsunamis. Podemos falar de fenómenos excepcionais cando están dentro da normalidade na vida do planeta? A contaminación radiactiva tras un accidente nuclear como o de Fukushima non só presenta efectos inmediatos. Contamina acuíferos e alimentos por xeracións, afecta á saúde das persoas a longo prazo e tamén aos ecosistemas. Parece evidente que o uso desta enerxía debe ir acompañado de medidas de seguridade exhaustivas. Pero pode ser segura? Como demostrou Fukushima, poden darse situacións imprevistas para as que as centrais non estean preparadas. Ademais, os residuos son altamente contaminantes e teñen unha vida de miles de anos. Pretender asegurar fronte a calquera risco unha instalación e, máis aínda se cabe, pretender poder xestionar uns residuos durante miles de anos, é xogar a ser deuses. Un xogo, por outra parte, moi substancioso, especialmente cando se alonga a vida das centrais por enriba do tempo para o que foron deseñadas: cada ano de vida adicional da central nuclear de Garoña supón un beneficio de 250 millóns de euros para Nuclenor. Deberiamos ter en conta os límites e primar as nosas vidas, as das próximas xeracións e a do planeta por enriba da voracidade e a avaricia.

Os reis do máis do mesmo non achegarán ningunha solución
Dende que recordo, a única mensaxe emitida pola clase dominante é que hai que flexibilizar o mercado laboral. Ano tras ano, reforma tras reforma, sempre coas escusas -razóns chámanas- máis distintas. Aos traballadores impóñennos reformas sempre á baixa, converténdonos en simples operadores traballando o máis arreo posible e con nula capacidade de aspirar a unha vida mellor, a excepción da outra vida. Paralelamente, os beneficios de grandes empresas -porque as pequenas pechan como as que máis- non fan máis que aumentar, e chega o caso en que xa lles dá ata pánico contratarnos, segundo di o novo xefe da patronal. Polo visto non lles dá pánico despedirnos, nin nos prexubilar; pero contratarnos é espantoso porque supoño que temos tantos dereitos e cobramos tanto que somos un lastre letal para os seus beneficios pola nosa santa teima de cobrar a fin de mes. Mentres, o que discute a calzón quitado cala, logo outorga, esquecendo que formou parte dun goberno ao que se lle fixo unha folga xeral -das de antes- contra a enésima reforma laboral. Pero é que neste país non queda ninguén ao que non lle dea pánico dicir que a culpa da crise a tivo e téñena os que nos teñen pánico? Que solución achegarán os reis do máis do mesmo?



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript