20/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Audiencia Nacional investigará a familia Botín por delito fiscal
A Audiencia Nacional admitiu a trámite unha denuncia da Fiscalía Anticorrupción contra o presidente do Banco Santander.
O sr. Botín ese patriota que reiteradamente reclama máis financiamento para a banca, a culpable da crise, e máis recortes para traballadores/as ven de ser encausado por posibles delitos de fraude fiscal e falsidade documental.
A Axencia Tributaria española descubriu a
existencia deses fondos o 24 de maio de 2010, ao
recibir diversa información procedente das
autoridades francesas de clientes españois do HSBC
Private Bank Suisse. Facenda dirixiulles un
requirimento para que regularizasen a súa situación
fiscal.
O dirixido ao actual presidente do Santander
remitiuse o 21 de xuño de 2010, segundo afirma o
auto. Nel informábaselle de que non presentara as
autoliquidacións do Imposto do IRPF nin do Imposto
sobre o Patrimonio en relación con eses fondos
entre os exercicios 2005 e 2009. Precisamente, a
admisión a trámite da denuncia produciuse para
evitar que prescriban os delitos que se puidesen
cometer. Os relativos ao primeiro exercicio teríano
feito o próximo día 30 se non houbese xudicializado
o caso.
No seu auto, Andreu sinala que é "unha denuncia
interposta a prevención" "dada a imposibilidade
recoñecida" pola Axencia Tributaria "para realizar
unha valoración en prazo sobre a corrección ou non
das declaracións complementarias practicadas polos
denunciados". "É necesario que, mediante o presente
procedemento se determinen que condutas aparecen
como esixibles a cada un dos denunciados co fin de
regularizar ou de poñer en orde a súa situación
tributaria", expón Facenda. Só as débedas
superiores a 120.000 euros son constitutivas de
delito. Para determinar se existe algunha desas
características, o maxistrado designou dous peritos
da Delegación Central de Grandes Contribuíntes da
Axencia Tributaria. Se non houbese ningunha, a
causa será sobresida.
A parte máis interesante do auto da Audiencia
Nacional sobre a presunta evasión de impostos da
familia Botín está neste parágrafo. Sorprendente:
a Jaime Botín, irmán do primeiro banqueiro do
país e dono dun patrimonio millonario, a
declaración da renda saíalle a devolver.
"Pola súa banda, o día 27 de xullo de 2.010, e en
contestación a similar requirimento que o efectuado
ao seu irmán Emilio, D. JAIME BOTIN SANZ DE
SAUTUOLA GARCIA RIOS, e os seus fillos D. MARCELINO
BOTIN SANZ DE SAUTUOLA NAVEDA, D. ALFONSO BOTIN
SANZ DE SAUTUOLA NAVEDA, D. GONZALO BOTIN SANZ DE
SAUTUOLA NAVEDA, Dª. MARTA BOTIN SANZ DE SAUTUOLA
NAVEDA e Dª. LUCRECIA BOTIN SANZ DE SAUTUOLA
NAVEDA, presentaron as oportunas declaracións
complementarias polo Imposto sobre a Renda das
Persoas Físicas dos exercicios
O noso escepticismo é absoluto, sabemos de
antemán que o proceso non prosperará, os poderosos
están libres de dar conta das súas accións. Unha
das razóns que levou a moitos cidadáns a
indignarse.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript