Por que hai que indignarse?
"No que respecta aos soldos dos banqueiros,
"a era da contención rematouse", escribía o
Financial Times (FT) "...
"O ano pasado, a retribución media dos máximos
responsables dos 15 maiores bancos europeos e
estadounidenses aumentou un 36%, ata 9,7 millóns de
dólares ,unos 6,8 millóns de euros"...
"O presidente do BBVA, Francisco González, que
descendeu do quinto ao décimo posto, ao baixarse un
10% o soldo en 2010, ata 5,6 millóns de euros"....
"O conselleiro delegado do Banco de Santander,
Alfredo Sáenz, cobrou o ano pasado 9,1 millóns de
euros, un 10,3% menos respecto a 2009, 10,2
millóns....
"Á cabeza desa lista estáel presidente do
estadounidense JP Morgan Chase, JamieDimon, que en
2009 figuraba no posto número 13 e que incrementou
a súa remuneración nada menos que un 1.541%, ao
pasar de 1,2 millóns de dólares a 20,7 millóns"
Desbanca no número un a John Stumpf, presidente de
Wells Fargo, tamén estadounidense, cuxa retribución
caeu un 6%, ata 17,5 millóns de dólares (12,2
millóns de euros). En terceiro lugar está James
PÁX. Gorman, substituto de John Mack como
conselleiro delegado de Morgan Stanley, con 14,8
millóns de dólares (10,3 millóns de euros).
Lloyd Blankfein, presidente de Goldman Sachs e que
dixo que os banqueiros facían "o traballo de deus",
destaca polo espectacular incremento do seu soldo
(1.536%), ata 14,1 millóns de dólares (9,8 millóns
de euros). Pasou da cola do ranking á cuarta
posición.
Os políticos, os mellores clientes destes
terroristas financeiros, dirán que ser un
verdadeiro demócrata é permanecer doméstico,
obediente, exercendo a liberdade de expresión sen
molestar a ninguén e votar civicamente as súas
listas de imputados cada catro anos. Xa se sabe
que, por exemplo, cancelar a hipoteca coa dación do
piso supoñería un "grave prexuízo" para o sistema
financeiro, ou que fai falta moita suba de
impostos, moito recorte salarial e moita
flexibilidade laboral para poder asegurar a
confianza dos "mercados" e estas xustas
retribucións dos banqueiros.
Alfredo Saenz é o mellor pagado criminal deste
pais. O número 2 do Grupo Santander
pedirá o indulto pola condena que lle impuxo o
Tribunal Supremo e aínda segue "traballando" no
Grupo Santander malia a sentenza, que o condenou ás
penas de tres meses de prisión e suspensión de
cargos en entidades bancarias, xunto a unha multa
de 400 euros-.
ABONDA XA!