20/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Angel Acebes deixa un dos seus tres soldos
Angel Acebes deixou o Congreso, que non a política. Interveu ante a cámara cinco veces en tres anos, non deu entrevistas, non montou bulla nin fixo apenas declaracións públicas. En 2010, gañou o premio ao deputado descoñecido da Asociación de Xornalistas Parlamentarios.
Fóra do Congreso, Acebes si tivo máis traballo. A finais de 2008 montou un bufete e uns meses despois tocoulle en sorte -grazas ao apoio de Esperanza Aguirre- unha lucrativa cadeira de brazos no consello de administración de Caixa Madrid Cibeles, a corporación financeira da caixa de aforros madrileña. Como deputado, o soldo de Acebes era público. Pero, canto gañaba co seu pluriemprego, como avogado e como conselleiro de Cibeles? É un misterio que nunca coñeceremos. Xusto o mesmo día en que Acebes renunciaba ao seu escano, os presidentes do Congreso e do Senado pactaron propoñer os partidos que, dende setembro, se difunda o patrimonio e as rendas de deputados e senadores a través da web. Pena que Acebes se libre, co que a el lle gusta a transparencia.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript