xuño de 2011
 
 

13/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Comunicado dos traballadores de Telefónica á opinión pública

Como contribuíntes, como pobo traballador debemos esixir a paralización dos ERE e reivindicar a nacionalización da devandita empresa para que os beneficios dela sexan para todos e non uns poucos, para o capital inimigo da maioría.

 

  • Noticias relacionadas

 

Rexeitamos o anuncio realizado por Telefónica de reducir 8.500 empregos para substituír algúns deles por traballadores en precario, xa que o sector continúa en expansión. O anuncio en se, xa é un escándalo, pero aínda o é máis, no contexto de crise e de taxas record de desemprego que se dan no país. Non é un bo sinal para a economía, que a primeira empresa en beneficios do país, 10.167 millóns de euros, tamén destrúa emprego. Se o fai a primeira empresa en beneficios, que impide facelo ao resto que gañan menos e mesmo ten perdidas?
 
Non é certo que os custos laborais de Telefónica en España sexan elevados, pois son 2.658 millóns de euros,
un terzo do que reparten os accionistas 7.300 millóns. Tampouco é certo que o Grupo Telefónica perda diñeiro en España, xa que os beneficios obtidos no estado español son duns 4.400 millóns de euros.
 
Os 450 millóns de euros que van repartirse os directivos de Telefónica, son un vergoña nun momento con miles de desafiuzamentos cada mes.
 
É necesaria a implicación da sociedade, dende os seus gobernantes, forzas políticas, sindicatos, cidadanía, medios de comunicación, etc. para que os beneficios astronómicos de Telefónica repercutan no resto da sociedade, vía menores prezos e tarifas dos servizos de Telecomunicacións.
 
A crise non se resolverá se as empresas que máis gañan no país, son as que destrúen emprego en vez de crealo.
 
Ningún despedimento en Telefónica, nin por represión sindical, nin polo novo art.º 52.d da reforma laboral, nin para externalizar traballo.
 
Esta política de Telefónica só pretende:
 
Beneficios para a minoría, precariedade para a maioría.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript