xuño de 2011
 
 

13/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Diante das noticias aparecidas sobre as débedas da Sanidade Pública

A FEDERACION DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA, ten que sinalar o seguinte:

 

  • Noticias relacionadas

 

1)    Esta situación é o resultado da combinación de catro factores que dende a FADSP vimos sinalando hai anos: un financiamento insuficiente do sistema sanitario, un financiamento non finalista desta, un gasto farmacéutico moi elevado e un avance moi importante das privatizacións.
 
2)    En España o gasto sanitario público é inferior en % sobre o PIB e en € por habitante e ano á media dos países da Unión Europea (de 15 e 27 países) polo que seria necesario, e así o vimos reclamando un incremento de ao redor dun punto do PIB.
 
3)    Ademais o modelo de financiamento das CCAA permite a estas que decidan o diñeiro que dedican á Sanidade de entre o total que reciben para todas as competencias transferidas. O resultado é que os presupostos sanitarios son excesivamente diferentes (ata 556,71 € por habitante e ano nos de 2011) e loxicamente se se pretenden dar unhas prestacións similares só é posible, naquelas CCAA que dedican poucos fondos, recorrendo ao endebedamento. Así pode comprobarse nos datos feitos públicos que son CCAA con baixo presuposto per cápita como Valencia, Andalucía e Madrid as que encabezan os listados con maior débeda, e en cambio as que maior presuposto teñen (Navarra, País Vasco ou Extremadura) as que se sitúan á cola.
 
4)    Por outro lado temos un gasto farmacéutico moi elevado, uns 3 puntos superior (en porcentaxe sobre o gasto sanitario total) superior ao da OCDE, de maneira que só con igualarnos en gasto por habitante e ano se produciría un aforro duns 5.000 millóns de €.
 
5)    E finalmente as privatizacións sanitarias están a hipotecar ás CCAA a moi longo prazo (e pagando 6-7 veces o custo real dos hospitais), tampouco é casual que Madrid e Valencia que encabezan este movemento privatizador estean nas primeiras posicións en canto á débeda.
 
En resumo a débeda é o resultado de políticas equivocadas das CCAA e dun baixo financiamento sanitario. Só se se asegura un financiamento suficiente, con carácter finalista, se controla o gasto farmacéutico e se reducen as privatizacións poderá controlarse asegurando as prestacións sanitarias de calidade para toda a poboación.
 
Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Publica
 
9 de xuño de 2011

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript