13/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
As medidas que se veñen tomando para saír da crise pasan todas polo noso empobrecemento. Todas as políticas froito de pactos entre os sindicatos gobernamentais e empresarios ou emanadas do poder político e lexislativo diríxense a transferir renda dos traballadores/as ás empresas, e á banca. Pola contra ningunha medida para sacar cartos aos máis ricos, nin ao capital especulativo, nin á igrexa, nin se afronta a redución dos gastos militares… Na defensa a ultranza do capitalismo non dubidan en descapitalizar ao estado para reforzar as ganancias do capital afortalando o sistema e alimentando a súa voracidade
Estamos diante dun ataque sen precedentes que
abarca todas as esferas das nosas vidas. Rebaixe
dos salarios aos traballadores da administración
pública, conxelación das escuálidas pensións (en
Galicia as menores do Estado), incremento dos
impostos indirectos (IVE), a Reforma Laboral para
facilitar e abaratar o despedimento, os Orzamentos
máis inxustos da historia, traballar máis anos (os
afortunados) para cobrar menos pensión, recortes
nas prestacións sociais (en sanidade, educación…)
agora tocaba dar outro paso e dérono, “reformaron”
a negociación colectiva.
O Consello de Ministros do venres 10 tomou
dúas novas medidas absolutamente contrarias aos
intereses das traballadoras e traballadores.
Endureceu a reforma laboral ao permitir
despedimentos en empresas que prevean perdas
transitorias
Despois de meses mareando a perdiz dicindo e
desdicindo que as empresas terían que xustificar os
ERE para que prosperasen (O proxecto formulaba ata
agora só despedimentos en casos de perdas
permanentes, non conxunturais), hoxe por proposta
do ministro de Traballo e Inmigración, Valeriano
Gómez, aprobouse o Real Decreto que regula o
Regulamento dos Expedientes de Regulación de
Emprego (ERE), co que se dá cumprimento e
continuidade á reforma laboral.
Establécese que o empresario deberá acreditar "o
volume e o carácter permanente ou transitorio das
perdas para os efectos de xustificar razoadamente a
decisión extintiva". Pero, pese a esa esixencia, o
ERE prosperará despedindo aos traballadores e
traballadoras cunha indemnización de 20 días por
ano (dos que 8 aboaranse polo Fondo de Garantía
Salarial) cun máximo de 12 mensualidades.
Reforma da negociación colectiva
Despois de meses de reunións, baixo o máis
absoluto secretismo, os sindicatos gobernamentais
(ás costas dos traballadores) e os representantes
da patronal cando parecía que tiñan todo atado,
escenifican un desacordo que levou a que o goberno,
sempre dilixente para tomar medidas en contra dos
traballadores/as, tomase a iniciativa e decidise, a
golpe de BOE, impoñer o que xa na mesa de
negociación, os “actores” sociais, parece que
acordaran.
Xustifica, o ministro, a reforma da negociación
colectiva en que a “flexibilidade na empresa
mellorará a seguridade e condicións dos
traballadores” unha vez máis retorcen a realidade
para que sexa máis dixerible, non fai falta lembrar
aquela argumentación esgrimida na Reforma Laboral
cando xustificaron o abaratamento do despido para
crear máis emprego.
En concreto as medidas adoptadas van polo camiño de
atacar salarios, destruír os convenios e desactivar
a acción colectiva dos e das traballadoras
En concreto fortalécese a
negociación na empresa sobre o
convenio de sector. Até agora os convenios de
empresa melloraban os convenios sectoriais, a
partir de agora poderá ser ao contrario. O
empresario poderá forzar acordos nas empresas
inferiores ao convenio de sector. Ten deste xeito
máis posibilidades de impoñer a súa vontade en
cuestións básicas como o salario, a xornada, a
clasificación profesional, as formas de
contratación, as medidas de conciliación... Ao
atomizarse a negociación debilítase a acción
colectiva.
Xeneraliza a arbitraxe
como xeito de solucionar os conflitos. Inténtase,
deste xeito, desvincular a negociación da presión
laboral, procederase directamente ao laudo.
“Mediante os acordos interprofesionais de ámbito
estatal ou autonómico, previstos no artigo 83,
deberanse establecer procedementos de aplicación
xeral e directa para solucionar de xeito efectivo
as discrepancias existentes tras o transcurso dos
prazos máximos de negociación sen alcanzarse un
acordo, incluído o compromiso previo de someter as
discrepancias a unha arbitraxe vinculante, en cuxo
caso o laudo arbitral terá a mesma eficacia
xurídica que os convenios colectivos e só será
recorrible conforme ao procedemento e sobre a base
dos motivos establecidos no artigo
En principio o convenio segue vixente
(ultraactividade),
pero se non hai acordo rápido (8-14 meses,
dependendo se o convenio é de 2 anos ou máis)
decidirá un árbitro.
Flexibilidade horaria e funcional
Como mostra da flexibilidade
interna que deberán incluír todos os convenios,
existirá unha porcentaxe de xornada que se
distribuirá ao longo do ano segundo as necesidades
do empresario. A lei fixa un mínimo do 5% en
cómputo anual.
"i) Medidas para contribuír á
flexibilidade interna na empresa, que favorezan a
súa posición competitiva no mercado ou unha mellor
resposta ás esixencias da demanda e a estabilidade
do emprego naquela, e, en particular, as seguintes:
1º) Unha porcentaxe máxima e mínima da xornada de
traballo que poderá distribuírse de xeito irregular
ao longo do ano. Salvo pacto en contrario, esta
porcentaxe será dun cinco por cento.
2º) Os procedementos e os períodos temporais e de
referencia para a mobilidade funcional na empresa."
Descolgue salarial
"Sen prexuízo do anterior, por
acordo entre a empresa e os representantes dos
traballadores lexitimados para negociar un convenio
colectivo conforme ao previsto no artigo 87.1,
poderase proceder, logo de desenvolvemento dun
período de consultas nos termos do artigo 41.4, a
inaplicar o réxime salarial previsto nos
convenios colectivos de ámbito superior á
empresa, cando a situación e perspectivas
económicas desta puidesen verse danadas como
consecuencia de tal aplicación, afectando ás
posibilidades de mantemento do emprego nesta”.
Estas son en liñas xerais as “novidades”
introducidas no ámbito da reforma. Estas condicións
son susceptibles de empeorar debido a que, no
decurso da discusión nas Cortes, introduciranse
emendas dos partidos máis próximos ao goberno que
son os da dereita parlamentaria.
As medidas tomadas no día de hoxe son un novo
ataque contra os dereitos laborais dos
traballadores e traballadoras. Afondan nunha
reforma laboral inxusta que levará consigo, como se
demostrou até agora, máis perda de dereitos, máis
paro e máis precariedade laboral.
Tócanos dar a resposta que todas estas imposicións
merecen. Temos que mobilizarnos unha vez máis para
rexeitar a Reforma Laboral que nos están facendo
tragar en píldoras, hai que facerlle fronte ao
poder político e ao sindicalismo gobernamental que
posibilita coa desmobilización e cos seus “debaneos
pactistas” a desorientación ideolóxica de moitos
traballadores/as o que propicia que nos metan “a
calzador” as sucesivas reformas e o ataque
constante contra os intereses da clase obreira.
Facemos un chamamento a toda a clase obreira galega
á participación activa nas mobilizacións que
convocaremos para responder a esta nova agresión.
FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript